UNICEF traballa para que 30.000 nenos sirios refuxiados en Xordania volvan a clase

UNICEF e os seus aliados en Xordania están a ampliar os programas educativos para chegar aos nenos que non van a clase porque tiveron que quedar na casa e que -como se atrasaron tres ou máis cursos-, xa non poden volver matricularse nas escolas formais.

UNICEF calcula que hai preto de 60.000 nenos sirios e xordanos vulnerables que non poden regresar ao sistema educativo público, polo que necesitan ser reincorporados con urxencia a sistemas educativos informais. Moitos destes nenos pasan a maior parte do tempo nas súas casas. Recoñecen estar aburridos e frustrados, con pouca esperanza nun futuro que auguran pouco prometedor. Os nenos sirios tamén están a intentar convivir co estrés emocional de vivir no medio dun conflito ou como desprazados, sendo vulnerables á explotación e o abuso. Moitos pais prefiren deixar os seus nenos na casa como medida de protección. Tras unha avaliación psicolóxica dos mozos do campo de refuxiados de Za'atari, coñeceuse que a forma máis común que teñen os mozos de afrontar os seus problemas - 71 por cento - era 'abandonar ou esconderse. Este ano, UNICEF e os seus aliados teñen previsto chegar a uns 30.000 nenos sirios vulnerables que están nos seus fogares a través de programas de educación informal en todo o país. Os programas xa existentes ampliaranse, como as clases informais que se imparten no centro comunitario de Baga'a, no leste de Amman, onde máis de 2.000 nenos están en lista de espera. Tamén abrirán outros 26 centros ao longo do país. É esencial matricular os nenos que quedan nas súas casas para darlles a oportunidade de volver darlle sentido ás súas vidas, gañar en seguridade e recobrar a normalidade, así como motivar que interactuar con outros nenos e as súas comunidades. As clases informais e de apoio motivan os nenos a volver ás clases onde aprenderán habilidades vitais e unha formación que garanta o seu futuro.

Máis do 80% dos 595.000 refuxiados sirios que viven en Xordania encóntranse en pobos, e non en campamentos. UNICEF está a estudar ampliar aínda máis os seus programas para chegar a todos os nenos refuxiados en Xordania e darlles así a oportunidade de continuar cos seus estudos.

Máis información sobre a crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]