UNICEF: Sudán do Sur está a sufrir unha terrible crise humanitaria

Algúns nenos morreron por sarampelo e outras enfermidades, polo que UNICEF e os seus aliados comezaron unha campaña de vacinación

Tras o alto o fogo asinado a semana pasada en Sudán do Sur, UNICEF advirte de que se está a producir unha crise humanitaria nos arredores da cidade de Bor, no estado de Jonglei, e outras cidades do país.

Tras a aparición dun brote de sarampelo en nenos que se encontran nos centros de Protección Civil situados no campamento da Misión da ONU en Sudán do Sur (UNMISS ) que provocou a morte de polo menos 30 nenos, UNICEF distribuíu subministracións durante a noite para vacinar 4.000 nenos contra o sarampelo e a poliomielite, ademais de subministrar vitaminaA para reforzar o sistema inmunolóxico dos nenos. Poucas axencias humanitarias puideron acceder á poboación de Bor que fuxiu buscando protección dos enfrontamento no centro de Protección Civil deBor. A grave inseguridade que sofre a zona só permite que un número limitado de traballadores humanitarios poida traballar alí. Un equipo composto por cinco funcionarios sanitarios do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF) pasou a noite no campamento deBor para distribuír vacinas e formar 10 equipos de vacinadores locais para que poidan inmunizar polo menos uns 4.000 nenos que se encontran neste pequeno e masificado campamento. "Estes nenos sobreviviron a enfrontamentos violentos e agora corren o risco de morrer debido ás malas condicións, e se non podemos chegar a eles con axuda humanitaria, este risco aumentará drasticamente", dixo o Subdirector Adxunto de Programas de Emerxencia de UNICEF, Dermot Carty.Bor encóntrase a só 140 quilómetros deJuba, pero a súa estrada serviu de fronte de batalla durante o conflito de Sudán do Sur. As infraestruturas sanitarias de Bor e doutras partes do país foron destruídas, e algunhas subministracións foron roubadas.

A campaña de vacinación comezou despois de que chegasen aJuba dous avións fretados porUNICEF con 70 toneladas de subministracións médicas de urxencia para os nenos e as mulleres. Os avións transportaron subministracións médicas, equipos para manter a cadea de frío tratamentos contra a malaria, pneumonía, diarrea e desnutrición, así como nutrientes, vitaminas, antibióticos e analxésicos para os nenos. Entre as subministracións tamén hai kits de cirurxía obstétrica e equipos de auga e saneamento, tendas de campaña, lonas e mantas. As campañas de vacinación tamén se están a levar a cabo nos campos de desprazados en Juba. En total,UNICEF e os seus aliados teñen como obxectivo vacinar 180.000 nenos menores de 15 anos contra a poliomielite e o sarampelo.UNICEF necesita 32 millóns de dólares (23,39 millóns de euros) para cubrir as necesidades inmediatas da crise de Sudán do Sur. O número de desprazados aumenta rapidamente. Polo menos medio millón de persoas fuxiron dos seus fogares, hai case 70.000 desprazados dentro do país que se refuxiaron nos centros de Protección Civil (PoC) da Misión da ONU en Sudán do Sur, e hai outras 86.000 persoas que fuxiron a países veciños. A maioría son mulleres e nenos.

Máis información sobre o traballo de UNICEF en Sudán do Sur:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-humanitaria-en-sudan-del-sur

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]