UNICEF redobra esforzos para protexer os nenos ante a chegada da primeira tormenta de frío a Líbano

UNICEF acelerou a distribución de axuda para os nenos ante a chegada da primeira tormenta de frío que golpea Líbano. Máis de 110.000 nenos refuxiados e as súas familias enfróntanse a condicións extremas, sendo a situación especialmente grave nos asentamentos informais construídos con tendas de campaña e refuxios colectivos. As familias están a quedar sen combustible para manter quentes os nenos e algunhas tendas de campaña están a romper porque non aguantan o peso da neve.

"UNICEF está a traballar cos seus aliados para protexer o maior número posible de familias libanesas ou refuxiados sirios", dixo Annamaria Laurini, Representante de UNICEF en Líbano. "Esta tormenta marca o comezo dun inverno difícil, sobre todo para os que viven en refuxios inadecuados e expostos ao frío e a humidade. " A exposición ao frío prexudica a saúde dos nenos que xa están a loitar por sobrevivir e manterse sans, polo que expoñerse a infeccións respiratorias agudas pode supoñer unha verdadeira ameaza para a súa supervivencia. Meses antes de que chegase a tormenta Alexa, UNICEF e os seus aliados comezaron a distribución de subministracións esenciais e kits de inverno nas rexións nas que van ser necesarios. O fin de semana pasado entregáronse 5.000 kits con roupa de abrigo para os nenos que viven en áreas remotas como Aarsal, ao leste de Líbano. Ata o momento distribuíronse 74.603 kits de inverno. O próximo mes, máis de 153.000 nenos recibirán roupa de inverno.UNICEF tamén está a apoiar o Ministerio de Saúde Pública con subministracións médicas esenciais para o tratamento de infeccións respiratorias e enfermidades diarreicas. Estas subministracións cobren as necesidades de 10.000 refuxiados que se encontran nos lugares máis vulnerables. O persoal e os socios de UNICEFestiveron a informar acerca da crecente preocupación dos pais que se encontran nos asentamentos informais construídos con tendas de campaña e refuxios colectivos en Bekaa, unha das zonas máis afectadas. Coa caída das temperaturas por debaixo dos cero graos, as nais están a pedir que os seus fillos sexan protexidos do frío ata que pase a tormenta.

 A tormenta Alexa provocou a primeira nevada deste inverno, pero as condicións climatolóxicas seguirán sendo complicadas nos próximos meses.UNICEF tamén está a proporcionar combustible a máis de 350 escolas das zonas máis frías de Líbano para quentar as aulas durante o frío inverno, co que o número de nenos protexidos do frío ascende 241.750 en todo Líbano.

Máis información sobre a crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051

 [email protected]