UNICEF reclama protección para os nenos ante o aumento da violencia nos Territorios Palestinos Ocupados e Israel

O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia,UNICEF, mostrou hoxe a súa profunda preocupación polo aumento da violencia nos Territorios Palestinos Ocupados e Israel, e polo seu impacto na infancia.

Xerusalén. "Nas últimas semanas fomos testemuñas dunha serie de incidentes nos que perderon a vida nenos palestinos e israelís, en ocasións do xeito máis terrorífico", dixo Jean Gough, Representante Especial de UNICEF nos Territorios Palestinos Ocupados. "Moitos nenos resultaron feridos e presenciaron a morte ou os danos producidos a familiares próximos. Facemos un chamamento a todas as partes para que fagan todo o posible por protexer os nenos e poñer fin á violencia. " No que levamos de ano, oito nenos palestinos morreron a causa da violencia, incluíndo tres nenos que faleceron hai dous días por un proxectil de
un tanque israelí na Franxa de Gaza. Máis de 60 nenos resultaron feridos, incluíndo polo menos 12 menores de 12 anos. Onte varios nenos israelís resultaron feridos por un artefacto explosivo colocado preto dunha estación de autobuses en Xerusalén. A principios deste mes, tres nenos israelís foron asasinados en Cisxordania, entre eles, un bebé de tres meses. O lanzamento de foguetes dende Gaza por parte de militantes palestinos aumentou recentemente.UNICEF insta ás partes implicadas a protexer os dereitos e o benestar de todos os nenos e a respectar aConvención sobre os Dereitos do Neno, a lei humanitaria internacional e a lexislación que protexe os Dereitos Humanos.

Acerca de UNICEF

UNICEF traballa no terreo en máis de 150 países e territorios para tratar de garantir aos nenos e as nenas o dereito a sobrevivir e a desenvolverse dende a primeira infancia ata a adolescencia. UNICEF, que é o maior provedor de vacinas para os países en desenvolvemento, traballa para mellorar a saúde e a nutrición da infancia; o abastecemento de auga e saneamento de calidade; a educación básica de calidade para todos os nenos e nenas e a protección dos nenos e as nenas contra a violencia, a explotación e o VIH/SIDA.UNICEF está financiado na súa totalidade polas contribucións voluntarias de individuos, empresas, fundacións e gobernos.

Más información:

Para máis información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / [email protected]

www.unicef.es

www.facebook.com/unicef.es

twitter.com/unicef_es