UNICEF prepárase para apoiar 43.000 nenos afectados pola tormenta tropical Washi en Filipinas

UNICEFse está a preparar para responder ás necesidades de aproximadamente 43.000 nenos afectados polas desvastadoras inundacións provocadas pola tormenta tropical Washi (coñecida como Sendong)en o norte e oeste de Mindanao, ao sur de Filipinas.

A tormenta tropical arrasou o sur da illa durante a noite do 16 de decembro, tras caer nun só día a chuvia equivalente a todo un mes. As inundacións provocadas pola tormenta, que creceron moi rapidamente durante a noite, provocaron a morte de polo menos 330 persoas, e 270 permanecen desaparecidas.UNICEF centra a súa atención nos preto de 43.000 nenos afectados polas inundacións, dos que 14.000 se encontran en centros de evacuación. Actualmente estanse a realizar avaliacións en colaboración con outros organismos e axencias gobernamentais para identificar as principais necesidades das familias desprazadas e persoas afectadas. A UNICEF preocúpalle especialmente as condicións da auga e o saneamento, a saúde e estado nutricional dos nenos, abrigo dos menores de cinco anos, así como a protección dos nenos que se encontran en centros de evacuación e nas comunidades afectadas. Estamos conmocionados e entristecidos pola perda de vidas humanas, pero agora debemos centrar a nosa atención en cubrir as necesidades dos moitos nenos que quedaron sen fogar e que perderon membros da súa familia. Van necesitar moito apoio nos próximos días e semanas para que poidan estar sans, protexidos e sexan capaces de recuperarse desta experiencia desvastadora" dixo Trevor Clark, Xefe da oficina de UNICEF en Mindanao.UNICEF preparou materiais para o seu envío ás zonas afectadas, incluíndo: kits de auga para garantir a subministración de auga potable; kits de hixiene con xabóns, cepillos de dentes e artigos de hixiene persoal; carpas e lonas para refuxios temporais; vitamina Apara as nais e os bebés; materiais educativos para sensibilizar sobre a lactación materna e reducir o risco de morte de nenos e xogos recreativos para que os nenos poidan xogar e empezar a recuperar a normalidade.  

 

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España,609 160 051 / 91 378 95 55: [email protected]