UNICEF pide a liberación inmediata das nenas secuestradas en Chibok, no estado de Borno, en Nixeria

Declaración de Manuel Fontaine, Director Rexional de UNICEF para África Occidental e Central

UNICEF condena de xeito enérxico o secuestro dunhas 100 nenas de entre 12 e 17 anos, que foron capturadas o pasado luns cando se encontraban nun internado do estado de Borno Chibok. UNICEF pide a liberación inmediata e sen condicións das nenas.

UNICEF mostra tamén a súa profunda preocupación polos constantes ataques contra escolas en Nixeria. En febreiro pasado un grupo de homes armados non identificados mataron 53 nenos de entre 13 e 17 anos no Colexio do Goberno Federal de Buni Yadi, no estado de Yobe. Estes actos brutais de violencia son inaceptables. Os ataques a escolas violan o dereito dos nenos a ter acceso a educación nun ámbito seguro e compromete o seu futuro. O secuestro de nenos é, en calquera lugar do mundo, un crime que vai en contra do dereito internacional. O ataque do luns pola noite contra a escola Chibok tivo lugar horas despois de que máis de 70 persoas morresen nun atentado con bomba contra unha estación de autobuses no barrio Nyanyan, preto da capital, Abuja.UNICEF expresa a súa máis profunda solidariedade a todas as comunidades afectadas por estes horribles actos, e únese á dor das familias dos nenos secuestrados nestes momentos difíciles. A axencia pide que se faga o posible para protexer a todos os nenos de Nixeria. O goberno de Nixeria debe adoptar con urxencia as medidas necesarias para garantir a liberación dos nenos e para que sexan devoltos sans e salvos ás súas familias, e poidan continuar a súa educación nun ambiente seguro.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]