UNICEF participa nun encontro da Unión Europea para atallar a crise nutricional do Sahel

O obxectivo de UNICEF é poder subministrar tratamento abondo para salvar a vida de 1,1 millóns de nenos menores de cinco anos con desnutrición aguda grave

A Directora Adxunta de UNICEF, Yoka Brandt, participou hoxe en Bruxelas no encontro organizado pola Unión Europea para abordar a crise nutricional do Sahel, que ameaza as vidas de millóns de nenos e das súas familias. Tamén mostrou a súa satisfacción pola nova iniciativa destinada a fortalecer as capacidades da poboación para facer fronte aos estragos causados pola crise alimentaria a longo prazo.  

Brandt agradeceu o anuncio feito pola Comisión Europea de aumentar a axuda humanitaria á rexión. "Estamos nunha carreira contra o reloxo para salvar vidas antes de que a crise chegue a un pico que pode poñer en perigo as vidas de millóns de persoas, así que este anuncio é moi ben recibido," dixo. En 2012, o obxectivo de UNICEF é poder proporcionar tratamento abondo para salvar a vida de 1,1 millóns de nenos menores de cinco anos que sofren desnutrición aguda grave noSahel, onde se estima que 18 millóns de persoas, en nove países, están afectadas pola seca e a crise alimentaria.Brandt agradeceu aos anfitrions da reunión celebrada en Bruxelas, a Comisaria Europea para Asuntos Humanitarios, Kristalina Georgieva, e ao de Desenvolvemento, Andris Piebalgs, o apoio prestado a UNICEF para abordar tanto a crise actual que atravesa o Sahel coma o seu impacto a longo prazo. Tamén eloxiou a posta en marcha por parte da Comisión Europea da Alianza Mundial de Resistencia (AGIR) que persegue axudar á poboación do Sahel a mellorar a súa capacidade de recuperación para que poidan facer fronte a crises futuras. O valor engadido deUNICEF é que se trata dunha organización de desenvolvemento e humanitaria con presenza na rexión antes, durante e despois das emerxencias. Nos últimos oito meses, UNICEFintensificou o seu traballo para axudar a un número crecente de nenos que sofre desnutrición aguda grave. En colaboración cos seus aliados, UNICEF aumentou a distribución de subministracións que salvan vidas, como medicamentos e alimento terapéutico listo para usar, auga e saneamento.

Nos próximos tres meses veremos un grande aumento do número de nenos que necesitan axuda porque a rexión se encontra actualmente no período máis seco e árido do ano. Para o resto de 2012, UNICEF necesita uns 146 millóns de dólares (117,5 millóns de euros) para as súas operacións de emerxencia na rexión do Sahel. "Necesitamos desesperadamente os medios precisos para salvar a vida de 1,1 millóns de nenos que se encontran en risco de desnutrición aguda grave", dixo Brandt, quen presenciou a magnitude da crise alimentaria durante unha recente visita a Níxer.UNICEF necesita este apoio para proporcionar unha resposta integral na rexión tendo en conta as necesidades máis urxentes: a crise nutricional e a continua inestabilidade en Malí, onde 167.000 persoas son desprazados internos e 170.000 fuxiron a países veciños.

###


Nota para xornalistas

A crise nutricional do Sahel e o traballo de UNICEF para facer fronte á emerxencia abrangue todas as rexións de Burkina Faso, Gambia (que foi incluído a principios deste ano), Malí, Mauritania e Níxer; a franxa do Sahelen Chad e as rexións do norte de Camerún, Nixeria e Senegal.  

Más información:

Dailo Allí
Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
E-mail: [email protected]