UNICEF intensifica o seu traballo para apoiar os miles de refuxiados sirios que cruzan a fronteira norte de Iraq

Debido á continua violencia que está a azoutar Sirya, miles de persoas están a fuxir a países veciños como Iraq, onde UNICEF e os seus aliados están a traballar con rapidez para darlles apoio e satisfacer as súas necesidades máis urxentes.

Pola recén construída ponte en Peshkhabour, na gobernación de Duhok (norte de Iraq), cruzaron o río Tigris máis de 20.000 sirios dende o xoves e espérase que o fluxo continúe nos próximos días. "O noso persoal no paso de fronteira de Peshkhabour, no norte de Iraq, comenta que moitos dos recén chegados están esgotados e con necesidades urxentes de auga e refuxio xa que as temperaturas de verán alcanzan os 45 graos centígrados", dixo o Representante de UNICEF en Iraq, Marzio Babille. "Xunto aos nosos aliados, estamos a facer todo o posible para garantir que todas as necesidades dos recén chegados se satisfán de inmediato" engadiu. Dende o pasado xoves, UNICEF e o seu aliado local Harikar, distribuíron máis de 125.000 litros de auga embotellada en Peshkhabour e 4 camións cisterna traballan para cubrir as necesidades de auga potable.UNICEF e a oficina local do Departamento de Asuntos Sociais e ACTED tamén están a apoiar ACNUR e IRC no paso de fronteira, para garantir que os nenos non acompañados e separados das súas familias sexan identificados, rexistrados e que se lles proporcione todo o apoio necesario.UNICEF tamén distribuirá 60.000 litros de auga embotellada e 20.000 galletas enerxéticas aos nenos menores de 5 anos que se encontran entre os 3.000 refuxiados que agardan enKawargosh, unha zona de tránsito situada preto da cidade iraquí de Erbil. A gran maioría dos que cruzan son nenos, mulleres e persoas de idade avanzada, e moitos deles xa acamparan en tendas de campaña xunto ao río mentres esperaban a que se abrise o paso de fronteira.

UNICEF, xunto a ACNURe o Goberno Rexional de Kurdistán identificaron as necesidades urxentes dos refuxiados: auga, instalacións de saneamento, zonas de sombra e servizos sanitarios que requiren as familias mentres esperan para ser rexistrados e transportado ás zonas de tránsito. As autoridades locais están a proporcionar servizos sanitarios de emerxencia en Peshkhabour e puxeron centos de autobuses a disposición dos refuxiados para que poidan ser trasladados a Dohuk, Erbil e Suleimanyah. Calquera persoa pode colaborar enviando unha mensaxe de texto** coa palabra UNICEF ao 28028, ou realizando a súa contribución a través da web:www.unicef.es/siria

Máis información sobre a crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]