UNICEF intensifica o seu traballo ante o aumento do número de refuxiados sirios que chegan a Xordania

Debido ao aumento do número de nenos e familias sirias que chegan a Xordania, UNICEF intensifica o seu traballo para atender aos refuxiados afectados por esta emerxencia en áreas como a sanidade, a protección, así como o acceso a auga potable e saneamento.

Unhas 17.000 persoas - a metade deles nenos - son acollidos no campamento de refuxiados de Za'atari, no norte de Xordania, pero o número aumenta debido á chegada de centos de persoas cada día dende Sirya. Este fin de semana produciuse un aumento significativo no número de persoas que chegou ao campamento, xa que nunha soa noite máis de 2.000 persoas cruzaron a fronteira. Esta cifra é case un 80 por cento máis alta que o número de refuxiados sirios que cruzaran a Xordania en todo o día anterior. "Cremos que o campamento Za'atarialbergará 70.000 persoas a finais deste ano", dixo Dominique Hyde, representante de UNICEF en Xordania. "Debemos actuar agora, porque son os nenos os que máis sofren. Necesitamos máis fondos con urxencia para aumentar progresivamente as nosas actividades e responder a esta emerxencia". As condicións no campamento Za'atarison duras, con temperaturas abrasadoras, sen sombra e en medio de frecuentes tormentas de area que arrasan o campamento.UNICEF lidera a resposta para mellorar o acceso a auga e saneamento nesta emerxencia, transportando por estrada a auga suficiente para proporcionar 50 litros diarios por persoa. Debido á chegada de máis familias que aumentan a poboación do campamento, UNICEF está a construír un novo pozo, para que poidan contar cunha fonte segura de auga. Tamén está en marcha a instalación de novos inodoros, duchas e billas no campamento. A medida que aumenta o número de nenos refuxiados, tamén o fai o risco de brotes de enfermidades. Esta semana, UNICEF está a colaborar co Ministerio de Sanidade e a Organización Mundial da Saúde para vacinar os nenos menores de cinco anos, moitos dos cales non puideron obter as súas vacinas rutineiras debido á violencia que azouta Sirya. UNICEF está a traballar cos seus aliados para establecer un programa regular de vacinación no campamento.  

UNICEF apoia tamén os nenos con dificultades que necesitan atención especial despois de experimentar niveis extremos de violencia en Sirya. UNICEFbríndalles apoio a través de 10 centros instalados pola rexión onde os nenos poden xogar, aprender, recuperar as súas rutinas e recibir apoio psicosocial. UNICEF tamén identifica e coida os nenos que fuxiron de Sirya sen os seus pais nin familiares. "Os nenos que foxen da violencia en Sirya encóntranse en risco de sufrir problemas psicolóxicos a longo prazo sen a atención axeitada", di Hyde. "Agora mesmo, os espazos habilitados para nenos en Za'atari teñen capacidade para uns 2.500. En só uns meses, espérase que ao redor de 35.000 nenos estean no campo, polo que é urxente proporcionar máis lugares seguros e outro tipo de servizos para protexer estes nenos que xa foron expostos a moito sufrimento,".UNICEF lanzou un chamamento para captar 54 millóns de dólares (43,15 millóns de euros) que cubran as necesidades de emerxencia dos refuxiados sirios que están no campamento de Za'atari e as comunidades estremeiras en Xordania. Para coñecer mellor o traballo de UNICEF ante a crise en Sirya:  

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]