UNICEF: a inestabilidade en Malí supón un perigo para a saúde de nenos e nais

UNICEF advertiu de que a crise no norte de Malí aumentou dramaticamente o risco de contraer enfermidades como a cólera, o sarampelo e a polio, e podería aumentar a mortalidade materna e infantil.

George Fom Ameh, Responsable de Saúde deUNICEF en Bamako, asegura que se incrementou o risco de propagación de enfermidades prevenibles por vacinación como a poliomielite e o sarampelo. A campaña prevista para a semana pasada contra a poliomielite no norte non puido levarse a cabo, e debido a que hai persoas cruzando as fronteiras existe a posibilidade de que introduzan enfermidades de países veciños. Máis da metade de todos os centros de saúde foron atacados e o número de profesionais de saúde reduciuse entre un 18 e un 27% con respecto aos existentes anteriormente. Tamén preocupa a falta de atención especializada para as mulleres durante o embarazo e o parto, aumentando o risco de mortes maternas e de recén nacidos.Nicolas Osbert, responsable de auga, saúde, saneamento e hixiene de UNICEFen Bamako, di que tamén é probable un aumento de casos de cólera. En 2011, 55 persoas morreron a causa da enfermidade e rexistráronse 1.300 casos en cinco rexións: Gao eTombuctú, no norte; Ségou e Mopti no centro, e Kayes no oeste. Con moita diferenza, o maior número -1.000 casos - encontrábanse no norte. A cólera é endémica no país e debido a que a subministración de auga se viu afectada pola escaseza de combustible no norte, UNICEF estase a preparar para facer fronte a un incremento do número de casos.  

En 2011, África occidental e central sufriu unha das maiores epidemias de cólera nos últimos anos, con 105.248 casos en 17 países e 2.898 mortes. Necesitaranse medidas de prevención da cólera para unhas 500.000 persoas en Malí nas zonas de risco. As medidas inclúen o aumento do nivel de cloro nas redes de auga, formar as comunidades e a entrega de kits de auga, saúde, saneamento e hixiene.UNICEF xa distribuíu kits de auga e saneamento - que inclúen xabón e artigos de uso doméstico de tratamento de auga - para 10.000 persoas nas rexións deGao, Tombuctú, Ségou eMopti e prepararanse subministracións adicionais antes da tempada de chuvias que comeza en xullo.UNICEF tamén está a planificar unha campaña de formación pública sobre a cólera e solicitará recursos adicionais para facer fronte a este problema grave. No sur do país, onde se encontra o 87 por cento dos nenos en risco de desnutrición aguda severa, UNICEFestá a subministrar alimento terapéutico listo para usar.UNICEF continúa apoiando o Ministerio de Saúde na subministración de medicamentos e atención da saúde para as poboacións do sur.

UNICEF fixo un chamamento de 33 millóns de dólares (25,84 millóns de euros) para facer fronte a esta emerxencia enMalí para os próximos seis meses, e ata agora recibiu pouco máis da metade desa cantidade. Ademais, necesítanse outros 4 millóns de dólares (3,3 millóns de euros) para facer fronte á cólera.  

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]