UNICEF: hai que romper a espiral de desastres para os nenos de Sahel e actuar agora

A medida que a desnutrición alcanza niveis de emerxencia no Sahel con polo menos un millón de nenos en risco, o Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake, fixo un chamamento onte durante a súa visita á rexión para pedir unha urxente escalada dos esforzos humanitarios para frear esta crise e a espiral de desastres.  

"Esta rexión sempre está ao bordo dunha crise. Familias e nenos xa sufriron as secas de 2010 e 2005. Agora súmanse a crecente inseguridade en varios países con centos de miles de desprazados, a suba do prezo dos alimentos e unha mala colleita," explicou Lakedurante a súa visita ao oeste de Chad. "Para os nenos é máis duro agora recuperarse e resistir outras ameazas á súa saúde como a polio, o sarampelo, a meninxite e a cólera" engadiu. "A xente de Sahelestá ao bordo dunha tormenta perfecta cun millón de nenos en risco. "UNICEF mobilizou a nutricionistas e instalou centos de centros de recuperación nutricional nos oito países do Sahel onde unhas 15 millóns de persoas sofren as consecuencias da seca. Durante os meses de xaneiro e febreiro decenas de miles de nenos recibiron tratamento contra a desnutrición severa aguda en centros nutricionais que se están a encher con rapidez co inicio da 'tempada de carestía' que tradicionalmente é a peor tempada do ano, nun ámbito moi duro e con dificultades loxísticas. A alarma sobre a crise nutricional que se aveciñaba no Sahel deuse en decembro pasado pero a resposta quedou por debaixo das necesidades. Esta semana comités deUNICEF en 36 países lanzaron #SahelNOW, unha campaña masiva a través de redes sociais que pretende espertar a conciencia pública sobre a resposta á emerxencia e para desencadear a acción dos gobernos fronte á dura situación dos nenos no Sahel.

Xunto ao Ministerio de Sanidade de Chad, UNICEF instalou 261 centros de recuperación nutricional e ten plans para duplicar este número nos próximos meses. Chad ten, ademais, o maior número de casos de polio en África e, xunto con Paquistán, é o segundo país do mundo que aínda rexistra casos de polio. Chad tamén se enfronta nestes momentos a un brote de meninxite.UNICEF ve a actual crise como unha nova oportunidade para abordar as causas da elevada desnutrición crónica no Sahel, axudando aos gobernos e as comunidades a construír uns sistemas de sanidade robustos, servizos sociais, protección social e apoiando a creación de sistemas sostibles de supervivencia e cambios de hábitos.UNICEF recibiu case a metade dos 120 millóns de dólares (91,27 millóns de euros) necesarios para salvar a vida de nenos e familias que sofren o impacto destas ameazas múltiples: colleitas moi pobres pola seca, prezos altos da comida e inseguridade nalgunhas zonas do Sahel. "Non" se trata "só de salvar vidas hoxe. Trátase de previr novas emerxencias no día de mañá coa nutrición adecuada no momento oportuno, especialmente para os nenos menores de tres anos, e trátase de impulsar sistemas de saúde robustos, de forma que poidamos previr outra tráxica emerxencia e os nenos non teñan que rematar en centros nutricionais," dixo Lake. "Son países sen saída ao mar con climas e unha xeografía dura para eles. Necesitan axuda antes e despois destas crises", concluíu.

Fotos e videos dispoñibles:

https://unicefweb.unicef.es/com/sahel

Usuario:   Refcom

Contrasinal: uce442087

Más información:

 

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55/ [email protected]

Sarah Crowe, Asesora Superior de Medios de Comunicación (en N’Djamena hasta el viernes 6 de abril de 2012), +1 646 209 1590begin_of_the_skype_highlightingend_of_the_skype_highlighting, [email protected]

Hector Calderon, Xefe de C4D e Comunicación Estratéxica en N’Djamena: +235 66 36 00 42begin_of_the_skype_highlighting, [email protected]       

Peter Smerdon, UNICEF Nova York: +1 917 213 5188, +1 212 303 7984, [email protected]