UNICEF fai un chamamento ao Consello Europeo para que aborde a difícil situación dos nenos refuxiados e migrantes

A reunión que celebra esta semana o Consello Europeo en Bruxelas é unha oportunidade perfecta para a Unión Europea para comezar a pór en marcha acciones concretas e medibles que sirvan para facer fronte ás necesidades dos nenos vulnerables refuxiados e migrantes.

Algunhas destas medidas xa se incluíron na Declaración de Nova York sobre os Refuxiados e Migrantes, emitida despois dunha reunión sen precedentes entre os xefes de Estado e de goberno na Asemblea Xeral da ONU hai pouco máis dun mes. A súa inclusión subliñou unha realidade: que hoxe en día, en todo o mundo, hai preto de 50 millóns de nenos que se viron obrigados a desprazarse por culpa da violencia e os conflitos ou tiveron que emigrar a través das fronteiras.

Entre os compromisos destinados a facer fronte a este nivel sen precedentes de mobilidade humana, os asinantes da Declaración de Nova York comprometéronse a garantir que todos os nenos refuxiados e migrantes volvesen recibir educación aos poucos meses da súa chegada, así como a traballar para pór fin ás detencións daqueles nenos que están á espera de que se determine a súa situación migratoria.
 
UNICEF fai un chamamento á Unión Europea e o resto da comunidade internacional para centrar a atención en seis acciones específicas encamiñadas a axudar  aos nenos desprazados, refuxiados e migrantes que foron desarraigados dos seus fogares:
 
·         Protexer aos nenos refuxiados e migrantes da explotación e a violencia, en particular aos nenos non acompañados
 
·         Pór fin á detención de nenos que solicitan a condición de refuxiado ou que migran, mediante a introdución dunha serie de alternativas prácticas.
 
·         Manter unidas ás familias como a mellor maneira de protexer aos nenos e dotarlles dun status legal.
 
·         Conseguir que os nenos refuxiados e migrantes sigan recibindo educación e que teñan acceso a un sistema sanitario de calidade.
 
·         Presionar para que se actúe sobre as causas subxacentes dos movementos a gran escala de refuxiados e migrantes.
 
·         Promover medidas para loitar contra a xenofobia, a discriminación e a marxinación

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes. 

Más información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

 

 

www.unicef.es

Síguenos en  Facebook  Twitter Youtube Instagram