UNICEF envía subministracións de emerxencia para os nenos e as familias afectadas polo ciclón en Tuvalu
UNICEF está a enviar subministracións vitais de emerxencia ás comunidades afectadas polo ciclón en Tuvalu. O arquipélago composto por nove illas cunha poboación de preto de 11.000 persoas declarou o estado de emerxencia, tras as marusías causadas polo ciclón tropical Pam.
Os informes iniciais de Tuvalu suxiren
que Nui,
e en menor medida outras illas, foron duramente golpeadas por
mareas tormentosas que inundaron casas, socavado os alicerces de
edificios, inundado plantacións de alimentos e matado gando. As
reservas de auga nas illas máis afectadas
están seriamente danadas,
é o caso dos tanques de auga. Moitas clínicas de saúde
gobernamentais e tendas privadas, xunto coas súas existencias,
víronse danadas ou destruídas.
"Os datos da avaliación mostran que o 42 por cento dos fogares nas
illas do norte de Tuvalu resultaron
gravemente afectados polas inundacións provocadas polas ondas da
marea", dixo Karen
Allen,
representante de UNICEF Pacífico.
"Estas subministracións axudarán a satisfacer as súas necesidades
inmediatas de saúde nos próximos días. "
As subministracións, que serán transportados en avión
dende Fiyi e
chegarán a Tuvalu o
19 de marzo, inclúen kits básicos de saúde, 1.000 paquetes de
comprimidos purificadores de auga e cápsulas de
vitamina A.
Os kits sanitarios conteñen medicamentos e subministracións médicas
para un máximo de 10.000 persoas, mentres que os comprimidos
purificadores de auga axudarán a garantir auga segura para os nenos
e a previr enfermidades como a diarrea, parasitos intestinais e a
febre tifoide. A vitamina A pode
estimular o sistema inmunolóxico dos nenos e aumentar a súa
resistencia ás enfermidades, mellorando as súas posibilidades de
supervivencia, crecemento e desenvolvemento.
Mantendo a atención en Vanuatu,
a illa máis afectada, UNICEF reforza
o seu compromiso de prestar apoio e asistencia ás comunidades
afectadas en toda a rexión. Actualmente, hai ao redor de 89 membros
de UNICEF distribuídos
en Fiyi, Kiribati,
Illas Salomón, Tuvalu e Vanuatu e
máis persoas están en camiño para apoiar na
emerxencia.