UNICEF E SAVE THE CHILDREN:É CLAVE UNHA ACCIÓN URXENTE PARA ABORDAR O TRABALLO INFANTIL CAUSADO POLA CRISE SIRIA

O conflito e a crise humanitaria en Sirya están a provocar un aumento cada vez maior dos nenos que son explotados no mercado laboral, segundo un novo informe lanzado por Save the Children e UNICEF, que manifesta que se debería facer moito máis para reverter esta tendencia.

 

O informe mostra que en Sirya, os nenos contribúen ao ingreso familiar en máis de tres cuartas partes dos fogares enquisados. En Xordania, preto da metade do total dos nenos sirios refuxiados son actualmente o sustento da familia nos fogares enquisados, individual ou conxuntamente con outros membros da unidade familiar. Segundo se informa, nenos de ata seis anos traballan nalgunhas zonas de Líbano.

De todos os nenos que traballan, os máis vulnerables son aqueles involucrados en conflitos armados, explotación sexual e actividades ilícitas que inclúen a mendicidade organizada e o tráfico de nenos.

"A crise de Sirya reduciu dramaticamente as oportunidades de sustento das familias e empobreceu millóns de fogares na rexión, provocando que o traballo infantil alcance niveis críticos", di Roger Hearn, Director Rexional de Save the Children en Oriente Medio e  Eurasia.

"Conforme aumenta o desespero nas familias, os nenos traballan basicamente para sobrevivir. Estanse a converter nos principais actores económicos, tanto en Sirya coma nos países veciños,".

O informe mostra que un número crecente de nenos están empregados en condicións de traballo daniñas, en risco de sufrir danos graves para a súa saúde e benestar.

"O traballo infantil obstaculiza o crecemento dos nenos e o seu desenvolvemento xa que traballan durante longas horas con escaso soldo, frecuentemente en ambientes extremadamente perigosos e non saudables," di Peter Salama, director rexional de UNICEF en Oriente Medio e África do Norte.


"O transporte de cargas pesadas, a exposición a pesticidas e químicos tóxicos ou traballar durante longas horas, son só algúns dos traballos perigosos que os nenos afrontan na rexión".

Segundo o informe, tres de cada catro nenos que traballan, enquisados no campo de refuxiados de Za'atari en Xordania, informaron sobre problemas de saúde no traballo. Outro 22% dos nenos informalmente empregados no sector agrícola resultaron feridos mentres traballaban en Mafraq e o Val Xordano.

Ademais, os nenos que traballan son máis propensos a abandonar a escola - o que se suma ao temor dunha "xeración perdida" de nenos sirios.

UNICEF e Save the Children fan un chamamento aos seus aliados na iniciativa No Lost Generation, á extensa comunidade internacional, aos gobernos anfitrions e á socied
ade civil para que tomen unha serie de medidas para abordar o traballo infantil en Sirya e nos países afectados pola crise humanitaria.

Mellorar o acceso aos medios de vida incluíndo a dispoñibilidade de máis financiamento para actividades de xeración de ingresos

Proporcionar educación segura e de calidade para todos os nenos afectados pola crise

Priorizar a erradicación das peores formas de traballo infantil

Investir no fortalecemento dos sistemas e servizos de protección da infancia nacionais e comunitarios

"Os nenos de Sirya están a pagar un prezo alto polo fracaso mundial para poñer fin ao conflito", conclúe o informe.

Más información:

Simon Ingram, [email protected], +962-79-590-4740

Juliette Touma, [email protected], +962-79-867-4628

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 16 00 51 / 91 378 95 55, [email protected]