UNICEF distribúe subministracións de auga e saneamento ás familias afectadas pola tormenta tropical en Filipinas

UNICEF está a distribuír hoxe subministracións de auga e saneamento a 15.000 familias afectadas polas desvastadoras inundacións que se produciron no sur de Filipinas.

A tormenta tropical arrasou o sur da illa durante a noite do 16 de decembro, deixando caer o equivalente a un mes de chuvia nun só día. Como consecuencia producíronse unhas fortes inundacións que aumentaron moi rapidamente durante a noite, e que provocaron 957 mortos e 49 desaparecidos.UNICEF centra agora a súa atención ás preto de 200.000 nenos afectados polas inundacións, dos que 20.000 se encontran actualmente en centros de evacuación. "A falta de instalacións de auga potable e saneamento é unha das maiores preocupacións na actualidade, xa que sabemos que os nenos son moi vulnerables ás enfermidades diarreicas e a deshidratación.UNICEF traballa sobre o terreo apoiando os esforzos do goberno día e noite para axudar aos nenos e familias afectadas. Tamén estamos a monitoreando coidadosamente a seguridade dos nenos que se encontran nos masificados centros de evacuación " dixoAnselme Motcho, Xefe da Oficina deUNICEF en Filipinas. As avaliacións realizadas en colaboración con outros organismos daONU e axencias do goberno puxeron de manifesto as necesidades máis urxentes en auga e saneamento. Os sistemas de auga das dúas principais cidades afectadas,Cagayan de Oro e Iligan, quedaron totalmente destruídos deixando a maioría dos residentes sen unha fonte segura e fiable de auga. Por esa razón, UNICEF enviou rapidamente kits de auga e hixiene, tanques de auga, latrinas temporais e unidades móbiles de auga ás zonas afectadas. Ademais estase a ultimar o envío de 200 baños portátiles que serán enviados para atender as necesidades urxentes de saneamento.

 A avaliación puxo de manifesto ademais que tamén se necesitan refuxios temporais, artigos non alimentarios como mantas e colchóns para durmir, e o rexistro e apoio aos nenos. A axencia tamén realizou hoxe un chamamento de fondos de 4,2 millóns de dólares (3,20 millóns de euros) para axudar ás familias afectadas pola tormenta tropical Washi(coñecido como Sendong, o seu nome local) que provocou unhas desvastadoras inundacións na illa deMindanao. Os fondos solicitados serán utilizados para apoiar a resposta de UNICEF nas áreas de auga e saneamento, saúde e nutrición, educación e protección infantil. "UNICEF e os seus aliados permanecerán o tempo necesario ata que se recuperen estas familias e comunidades. Se ben agora estamos centrados en atender as necesidades inmediatas, pronto cambiaremos a perspectiva para ver como poden estar mellor preparadas as comunidades e en alerta para reducir o risco de desastres e previr tantas mortes" sinalouMotcho.  

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en Facebook e Twitter

Visita a nosa televisión on line tv.unicef.es