UNICEF distribúe en Iraq axuda para os nenos desprazados pola crise de Anbar

UNICEF distribuíu o domingo o terceiro envío de subministracións e produtos de emerxencia destinado a mulleres e nenos desprazados debido á violencia na provincia de Anbar. A carga, que chegou por barco, repartiuse como parte da resposta conxunta ante a crise humanitaria en colaboración co Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) e a Organización Internacional para as Migracións (OIM)

"Nós, xunto a outras axencias irmás de Nacións Unidas e a comunidade humanitaria de Iraq, debemos facer todo o que poidamos para apoiar ás autoridades central e local na distribución de axuda para os nenos e mulleres afectados polos sucesos de Anbar, a través dun corredor humanitario estable e seguro," dixo Marzio Babille, representante de UNICEF en Iraq. "Os esforzos de UNICEF céntranse agora en lograr entrar ás localidades que teñen acceso restrinxido, onde máis de 40.000 nenos necesitan apoio urxente. É imprescindible distribuír subministracións esenciais, bens e artigos para ter auga potable e segura, hixiene, nutrición axeitada e coidados médicos para os máis vulnerables, e evitar así unha traxedia maior". A violencia na provincia de Anbardesprazou a máis de 62.000 familias dende comezo de ano e afectou a miles máis debido a que a seguridade, infraestruturas e provisión de servizos básicos en Fallujah,Ramadi e arredores se deteriora continuamente. Os nenos vulnerables e as súas familias enfróntanse agora a reservas precariamente baixas de alimentos, un acceso pobre a auga segura, niveis de saneamento perigosos, suspensión da educación e un recurso limitado a servizos de saúde. En resposta UNICEF, en coordinación coas axencias de Nacións Unidas e aliados locais, distribuíu preto de 500 toneladas de subministracións esenciais a 90.000 mulleres e nenos afectados. Estas reparticións continuas inclúen xabón, comprimidos para purificar auga, mantas e kits de hixiene para bebés, entre outros artigos de emerxencia. Outras respostas de UNICEF, destinadas a mellorar as capacidades das áreas onde as persoas desprazadas están congregadas (escolas, mesquitas e institutos) e das comunidades de acollida, foron o transporte de 96.000 litros de auga potable por día, a instalación de latrinas e tanques para almacenar auga, e a provisión de tratamentos de auga e produtos químicos para purificala.

Os plans de subministración e resposta de UNICEF para o futuro inclúen a repartición doutras 300 toneladas de artigos esta semana.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]