UNICEF distribúe axuda nas zonas máis afectadas polo conflito de Sirya como parte dun convoi da ONU

Un convoi conxunto de Nacións Unidas e a Media Lúa Vermella Árabe Sirya logrou cruzar as zonas de conflito para entregar subministracións de emerxencia vitais a ao redor de 42.000 persoas na asediada gobernación de Homs, en Sirya.

Un grupo de 33 camións e tráileres cargados con subministracións de emerxencia partiu dende Homs o pasado venres con destino a Al Rastan e Krad Tasnen, ao norte da cidade de Homs. 25 camións distribuíron en Al Rastan con subministracións para unhas 30.000 persoas, mentres que os oito restantes distribuíron subministracións a 12.000 residentes de Krad Tasnen. "Este convoi inclúe unha das maiores reparticións de subministracións de emerxencia levadas a cabo nun só día nas zonas conflito en Sirya", di Youssouf Abdel-Jelil, Representante de UNICEF en Sirya. "Moitas familias desta zona levan sen non poder acceder a axuda humanitaria dende maio de 2013. " Sete axencias de Nacións Unidas - UNICEF, PMA,ACNUR, OMS, UNDSS,OIM e OCHA - xunto coa Media Lúa Vermella Árabe Sirya achegaron subministracións para este envío humanitario. Pola súa banda, UNICEF proporcionou kits de hixiene para familias e bebés, roupa para nenos, mantas, comprimidos potabilizadoras de auga, xabón e deterxente. "O funcionamento dun centro da ONU enHoms foi vital para o desenvolvemento das relacións na zona con todas as partes interesadas e a ampliación efectiva do espazo humanitario", di Abdel-Jelil. "Este convoi non é unha misión puntual, senón que forma parte do esforzo continuado por entregar axuda humanitaria aos nenos e familias que é encontran nalgunhas dos zonas máis inaccesibles" agregou. Este é un pequeno pero significativo logro. Entre xaneiro e outubro de 2013, UNICEF participou en 18 misións transfronteirizas.UNICEF continúa solicitando un acceso humanitario máis áxil, sen obstáculos, en Sirya.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]