UNICEF dá asistencia nalgunhas das zonas máis conflitivas en Sirya

A pesar do forte conflito, UNICEF e os seus aliados proporcionaron subministracións vitais na última semana a algunhas das zonas máis difíciles de acceder en Sirya, incluíndo Aleppo e Al Houla, ao igual que aos nenos e mulleres que fuxiron da violencia recente en Al Bayda e Baniyas.

UNICEF e os seus aliados chegaron a Zamarin e zonas estremeiras, nos arredores de Tautous, que está a aloxar unhas 6.000 mulleres e nenos que fuxiron dos pobos próximos de Al Bayda eBaniyas, onde se informou de asasinatos masivos este mes. As subministracións, que inclúen roupa e elementos de hixiene, foron distribuídas ás familias dispersadas ao longo da cidade ou que viven en sitios en construción ou escolas. Entre tanto, UNICEF e os seus aliados trouxeron seis camións de Aleppocargados con kits de hixiene, galletas enerxéticas, sales de rehidratación oral, dúas incubadoras infantís, comprimidos de purificación de auga e roupa. Os fortes enfrontamentos en Aleppo e arredores desprazaron ou afectado dalgún xeito a catro millóns de persoas, case a metade deles nenos. Gran parte da antiga cidade quedou reducida a entullos. Noutra misión, UNICEF e outras axencias da ONU chegaron aAl Houla, preto de Homs. Alí, en maio 2012 unhas 100 persoas, incluíndo decenas de nenos, foron masacrados nun só día. As subministracións levadas á cidade, que non puideran entregarse durante meses polo continuo enfrontamento, incluíron centos de kits de hixiene e subministracións de nutrición.

Ademais, estanse a instalar varios xeradores ao longo do país, incluíndo un en Homs, que proporcionará acceso a auga potable a unhas 300.000 persoas. A pesar da deterioración da situación de seguridade, UNICEF e os seus aliados conseguiron aumentar a resposta humanitaria. Só este ano, preto dun millón de nenos en Sirya foron vacinados, uns 7,4 millóns de persoas recibiron acceso a auga potable, e preto de 100.000 nenos matriculáronse nosclubs escolares. Pero as necesidades están a crecer máis rápido que os fondos. Apenas dous anos despois do comezo da crise xa foron asasinadas 80.000 persoas, uns 4,25 millóns foron desprazados internamente e máis de 1,5 millóns fuxiron de Sirya cara a países veciños.

Más información:

Dailo Allí

 

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]