UNICEF continúa apoiando a infancia en Paquistán un ano despois das inundacións

UNICEF subministrou auga a diario a 5,1 millóns de persoas, 22,1 millóns de vacinas, 760.000 materiais escolares e a revisado a 2 millóns de nenos para evitar a súa desnutrición.

Un ano despois de que as inundacións do desvastador monzón golpeasen Paquistán, moitas dos máis de 18 millóns de persoas afectadas - case a metade das cales eran nenos - están a loitar para reconstruír as súas vidas, que quedaron destruídas, mentres diminúe a axuda humanitaria a pesar do medo a novas inundacións polo monzón.

As inundacións - que cubriron unha quinta parte do país e causaron danos por valor de case 7.000 millóns de euros - puxeron as comunidades nunha situación límite, forzando a millóns de persoas a desprazarse dende as súas casas ata campamentos ou refuxios temporais. Moitas destas persoas desprazadas xa eran os máis pobres entre os pobres de Paquistán. Segundo un informe lanzado hoxe por UNICEF, o impacto das inundacións seguirá sentíndose durante os próximos anos, especialmente nos nenos que son os máis vulnerables aos efectos dos desastres. Cando os nenos desprazados e as súas familias regresaron aos seus lugares de orixe, encontraron as súas casas, o seu modo de vida e infraestruturas - incluíndo instalacións de saúde e case 10.000 escolas - danados ou destruídos. As inundacións puxeron de manifesto unha traxedia xa existente de desnutrición crónica, prácticas sanitarias pouco saudables, un baixo índice de asistencia escolar (especialmente de nenas) e problemas de protección infantil. O informe advirte que se necesita máis asistencia e de forma continuada para asegurar que os nenos e as familias afectadas polas inundacións non entren nunha espiral de crecente vulnerabilidade. Se segue sen darse tratamento contra a desnutrición aos nenos, por exemplo, serán máis susceptibles a enfermidades así como a unha minusvalidez cognitiva e atrofias de por vida.

O Director Executivo de UNICEF, Anthony Lake di no informe: "Eu, como outros, quedei horrorizado cando vin a devastación das inundacións de 2010 e o seu impacto nos nenos de Paquistán. Ao longo do ano pasado, a comunidade global, incluíndo UNICEF, lanzou unha resposta masiva, beneficiando a millóns de persoas con auga potable, nutrición vital, inmunización, educación e outros servizos esenciais para protexer os nenos e as súas familias". A resposta de UNICEF foi unha das máis grandes da súa historia, en termos de despregamento de recursos financeiros e humanos, e levouse a cabo en estreita coordinación co Goberno de Paquistán, outras axencias de Nacións Unidas e aliados da sociedade civil. Entre os seus maiores logros, UNICEF subministrou auga potable de forma diaria a 5,1 millóns de persoas, vacinou 11,7 millóns de nenos de polio e 10,4 millóns de nenos de sarampelo, efectuou revisións do estado de desnutrición a máis de dous millóns de nenos menores de cinco anos; estableceu centros de aprendizaxe temporais para case 300.000 nenos; apoiou Espacios Amigos da Infancia para preto de 400.000 nenos; e proveu 761.000 nenos con subministracións escolares para permitir que continúen a súa educación e se recuperen con máis rapidez do desastre. UNICEF tamén liderou grupos sectoriais de emerxencia e niveis sub-nacionais e continúa o seu papel de liderado nos Grupos de Traballo para a Rápida Recuperación, coordinando para mellorar a eficiencia tanto da resposta humanitaria como a resposta para unha rápida recuperación.

"A día de hoxe, aínda queda moito por facer para atender as condicións subxacentes que fixeron a estas comunidades tan vulnerables, e para axudarlles a aumentar a súa capacidade de recuperación. Xuntos podemos cambiar a situación das vidas dos nenos e as familias de Paquistán que sufriron dunha forma tan terrible", afirmou Anthony Lake. O Representante de UNICEF en Paquistán, Dan Rohrmann, asegura que as secuelas do desastre abriron varias portas para mellorar a vida dos nenos en diversas áreas que inclúen saúde, saneamento e educación. "Moitos nenos puideron acceder á escola por primeira vez na súa vida e os servizos de nutrición están a chegar agora a máis nenos que nunca. En certo sentido, o reloxo do desenvolvemento reiniciouse e require dun apoio continuado para cubrir unhas expectativas máis altas. Así, UNICEF continuará cubrindo as necesidades dos nenos máis vulnerables e desfavorecidos como parte do noso "compromiso principal cos nenos" e seguirá defendendo e concienciando sobre os dereitos da infancia". Rohrmann di que as estruturas das escolas transitorias que UNICEF está a construír para cubrir o oco deixado pola destrución dos colexios, son un bo exemplo do camiño a seguir.

"Estas escolas deseñáronse para prover unha ponte entre as clases en carpas de emerxencia e as escolas permanentes. Aos nenos gústanlles e moitos estudantes poden ir ao colexio por primeira vez nas súas vidas grazas a estas escolas. Gustaríanos construír un gran número delas, permitindo a máis nenos e nenas -incluíndo aqueles que nunca foron ao colexio- acceder a unha educación segura,". UNICEF enfróntase a unha escaseza de fondos de case 35 millóns de euros para cubrir as necesidades esenciais para unha recuperación temperá dos nenos e as familias afectadas polas inundacións. As áreas principais con escaseza de fondos son auga, saneamento e hixiene (25.429.625 de euros), educación (5.674.379 de euros) e saúde ( 3,4 millóns de euros). Ademais, necesítanse 4,3 millóns de euros para intervencións relacionados co nivel humanitario de desnutrición global aguda continuado.

Os medios poden descargarse fotografías en alta resolución e videos con calidade de televisión sobre a situación actual en Paquistán

https://unicefweb.unicef.es/com/pakistan

Usuario:     Refcom

Contrasinal:   uce442087

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: dailo.alli@unicef.es