UNICEF: a Conferencia de Londres ofrece unha nova esperanza para os nenos na loita contra a desnutrición crónica e outras formas de desnutrición

O encontro Nutrición para o Crecemento celebrado hoxe en Londres supón unha nova oportunidade para reducir aínda máis o efecto paralizante que a desnutrición crónica (atraso no crecemento) e outras formas de desnutrición provocan en millóns de nenos, segundo UNICEF.

"Para os nenos que viven coa ameaza de sufrir un innecesario atraso no crecemento -algo que non só lles priva dunha boa saúde física, senón que debilita considerablemente a súa capacidade de aprendizaxe, de obter ingresos decentes e de contribuír á prosperidade e crecemento das súas comunidades-, a reunión de hoxe en Londres pon de manifesto a determinación mundial que busca facer fronte a esta ameaza", dixo o Director Executivo deUNICEF, Anthony Lake. "A desnutrición crónica (atraso do crecemento) é a crise que menos entenden moitos nenos actualmente. Non só é un desafío, senón unha grande oportunidade de desenvolvemento. Investir en nutrición é moi rendible. Repercute na vida dos nenos e na redución da pobreza" engadiu Lake. No encontro, que reuniu líderes de gobernos, o sector privado e a sociedade civil, e que foi organizado polos gobernos de Brasil e Reino Unido, xunto á Fundación para o Fondo de investimento para os Nenos (CIFF polas súas siglas en inglés), renovouse o compromiso de acelerar os esforzos para lograr unha redución significativa da desnutrición crónica e mellorar a nutrición dos nenos e nais de todo o mundo, e comprometéronse fondos por valor de máis de 4 mil millóns de dólares (3,02 mil millóns de euros).UNICEF celebrou a firma do Pacto formal, acordado polos participantes para comprometerse a que a nutrición sexa unha prioridade política e socio-económica dos doadores e os países afectados pola desnutrición; capitalizar o coñecemento científico e a innovación para mellorar a nutrición, e aumentar a transparencia e a supervisión dos resultados.

Durante o acto Nutrición para o Crecemento,UNICEF comprometeuse a continuar o investimento destinado a asegurar a nutrición nos países máis afectados pola desnutrición crónica e outras formas de desnutrición -un esforzo no que participan máis de 350 expertos en nutrición que traballan cos gobernos e comunidades locais nuns 65 países-, que contou nos últimos cinco anos cunha contribución financeira de ao redor de mil millóns de dólares (756,54 millóns de euros) destinados a mellorar a nutrición. O encontro celebrado en "Londres fixo fincapé na importancia de manter un liderado firme na batalla contra a desnutrición crónica -unha batalla que podemos gañar se aceleramos os nosos esforzos e imos máis alá coas promesas feitas hoxe aquí", dixo Lake.

Más información:

Dailo Alli, UNICEF España, Tel: +34 609 160 051, [email protected]