UNICEF condena o novo recrutamento de nenos por parte de grupos armados en República Centroafricana

UNICEF ten probas claras de que continúa o recrutamento e a utilización de nenos por parte de grupos armados na República Centroafricana, e advirte aos líderes de que estas prácticas supoñen unha grave vulneración do dereito internacional.

Segundo as cifras de UNICEF, calcúlase que máis de 2.000 nenos e nenas están vinculados a grupos armados, incluíndo grupos de autodefensa, despois do recente endurecemento dos combates que comezaron en decembro pasado. A toma da capital polos rebeldes da coalición Seleka a finais de marzo, non supuxo o fin de tales violacións de dereitos humanos. O recrutamento de nenos para a súa utilización polas forzas e grupos armados tivo lugar por parte de ambos os dous bandos dende decembro.


"O recrutamento de nenos é moralmente inaceptable e está prohibido polo dereito internacional", declarou Souleymane Diabate, Representante de UNICEF en República Centroafricana.


"Pedimos aos novos líderes de República Centroafricana que garantan que todos os nenos vinculados a grupos armados serán liberados inmediatamente e protexemos doutras vulneracións. As novas autoridades deBangui empezaron a demostrar a súa intención de identificar e liberar os nenos nas filas dos grupos armados. UNICEF comprométese a traballar con eles para asegurar que se produce un cesamento inmediato dos novos recrutamentos e para apoiar un proceso de identificación, verificación e reintegración dos nenos".

Dende 2007, máis de 1.000 nenos foron liberados dos grupos armados e de autodefensa en República Centroafricana. UNICEFtraballou cos seus aliados sobre o terreo para proporcionar a estes nenos servizos de rehabilitación e reintegración. Durante os últimos catro meses, a tensión, a inseguridade e a falta de acceso dos traballadores humanitarios a gran parte do país supuxo que os nenos se encontran nunha situación de maior risco que nunca.


Ata a data, UNICEF só recibiu o 25% dos fondos requiridos para as actividades de protección en resposta ao conflito.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]