UNICEF condena novos secuestros de nenos por grupos armados en Sudán do Sur
UNICEF condena de forma enérxica o secuestro de decenas de nenos, algúns de apenas 13 anos, por un grupo armado preto de Malakal, no norte de Sudán do Sur.UNICEF condena de forma enérxica o secuestro de decenas de nenos, algúns de apenas 13 anos, por un grupo armado preto de Malakal, no norte de Sudán do Sur.
Un equipo de educación de UNICEF informou
de que 89 nenos foron secuestrados mentres realizaban os seus
exames. O número actual podería ser moito maior.
O incidente aconteceu na comunidade de Wau shilluk no
estado do Alto Nilo,
onde miles de persoas foron desprazadas internamente polo conflito
en curso.
Segundo as testemuñas, os soldados armados rodearon a comunidade e
rexistraron casa por casa. Os nenos maiores de 12 anos foron
levados pola forza.
O representante de UNICEF en
Sudán do Sur, Jonathan
Veitch,
instou o grupo a liberar de inmediato aos nenos.
"O recrutamento e a utilización de nenos polas forzas armadas
destrúe familias e comunidades. Os nenos están expostos a niveis
incomprensibles de violencia, perden as súas familias e a súa
oportunidade de ir a escola".
UNICEF recorda
a todas as partes implicadas no conflito que o recrutamento e a
utilización de nenos en forzas e grupos armados é unha grave
violación do dereito internacional.
Para máis información sobre o traballo de UNICEF en
Sudán do Sur:
http://www.unicef.es/sudan-del-sur
Acerca de UNICEF
UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.