UNICEF celebra a declaración do fin do brote de ébola en Guinea

O Fondo das Nacións Unidas para a Infancia segue traballando no país para mitigar o impacto que tivo nos nenos

Case dous anos desde do día en que un bebé se converteu na primeira vítima de ébola en África Occidental, UNICEF celebra a declaración de que o brote terminou en Guinea, pero advertiu que os miles de nenos que quedaron orfos pola enfermidade, así como aqueles que sobreviviron, necesitarán apoio continuo.

"Mentres celebramos esta ocasión, todos debemos lembrar que os nenos se viron gravemente afectados polo ébola. Eles eran máis propensos a morrer se se infectaban. Máis de 22.000 nenos perderon a un ou ambos os proxenitores en Guinea, Liberia e Serra Leona. Están traumatizados e continúan sendo estigmatizados nas súas veciñanzas. Para miles de nenas e nenos o brote non termina hoxe. Seguirá con eles durante toda a súa vida. Comprometámonos a estar con eles tamén", dixo o doutor Mohamed Ag Ayoya, Representante de UNICEF en Guinea.
 
Guinea foi declarado libre de transmisión hoxe pola Organización Mundial da Saúde e polo Goberno, despois de non ter ningún caso durante 42 días - o dobre do período máximo de incubación-. Serra Leona alcanzou ese fito en novembro e espérase que Liberia sigas as súas pegadas a mediados de xaneiro.
 
Só en Guinea morreron de ébola 519 nenos, 6.220 nenos perderon a un ou ambos os proxenitores ou coidadores e 230 sobreviviron á infección.
 
UNICEF estivo actuando desde o inicio do brote, proporcionando subministracións necesarias, enviando movilizadores sociais a informar sobre prevención ás comunidades, proporcionando auga e saneamento, apoiando aos orfos e outros nenos afectados, e asegurando que todos os nenos puidesen continuar a súa educación.
 
A experiencia no tres países máis afectados demostrou que, coa preparación adecuada, os nenos poden ir á escola mesmo durante unha epidemia.
 
O brote demostrou o importante que é que as comunidades estean no corazón de calquera resposta de emerxencia. UNICEF e os seus aliados traballaron para establecer redes de base comunitarias para asegurar que as propias persoas fosen tomando a iniciativa na resposta.
 
En Guinea non había medios de comunicación masivos para transmitir mensaxes que salvan vidas a todas as persoas en máis de 20 idiomas e dialectos. Neste baleiro, os rumores e o medo propáganse facilmente. Para solucionar isto, UNICEF construíu seis novas estacións de radio comunitarias e rehabilitou outras 23 existentes. Estas estacións de radio seguen emitindo nos idiomas locais e involucrando ás comunidades cos clubs de radio e programas con chamadas do público. En Forecariah, a área onde o ébola estaba profundamente arraigado, a radio e os seus programas de difusión foron un factor importante para pór fin á epidemia.
 
"Os sistemas de saúde débiles exacerbaron o brote no tres países. E, hoxe en día, o sistema en Guinea é aínda máis débil", dixo Ayoya. Un dos principais retos a partir de agora será reconstruír e fortalecer estes sistemas de saúde que foron profundamente afectados polo ébola. En Guinea as vacinacións para nenos menores dun ano caeu un 30 por cento, as hospitalizacións diminuíron un 54 por cento e os partos asistidos por un profesional reducíronse nun 11 por cento entre xaneiro e agosto de 2014, segundo o Goberno.
 
"Co xeneroso apoio dos nosos doantes, UNICEF e os nosos aliados seguiremos coa reconstrución do sistema de saúde. O longo camiño que temos por diante require un sostido e robusto seguimento para asegurarnos de que o ébola non atope ningún refuxio seguro aquí", dixo Ayoya.

Más información:

Timothy La Rose, Especialista de Comunicación, UNICEF Guinea Conakry, Tel: +224 622 350 251, [email protected]

Tim Irwin, Especialista de Comunicación, Oficina Rexional de UNICEF Africa Central e do Este, Tel: +221 77 529 1294, [email protected]

Diana Valcárcel, Directora de Comunicación, UNICEF España, tel. 606 707 212, [email protected]