UNICEF apoia os nenos que chegan a Europa fuxindo da violencia

UNICEF estableceu un espazo amigo da infancia cun equipo móbil preto da cidade de Geveglija, na fronteira con Grecia, para proporcionar o apoio que tanto necesitan as mulleres e nenos en tránsito na antiga República Iugoslava de Macedonia.

O espazo amigo da infancia instalouse dentro dos recintos da área de descanso para os emigrantes establecido por ACNUR. Un equipo móbil da ONG local LaStrada está a axudar a reunir os nenos coas súas familias e a proporcionar apoio psicolóxico e servizos para os nenos máis pequenos.

Este espazo está a proporcionar un lugar seguro aos nenos para que descansen e xoguen mentres as súas familias completan os procedementos de rexistro. Ademais, o equipo móbil está a examinar, identifica e deriva os servizos de protección especializados a aqueles nenos que o necesitan.

Este espazo, que pode dar apoio a uns 50 nenos á vez, está dotado de materiais de arte, xogo e educacionais.

Durante o último mes o número de emigrantes que transitan polo país incrementouse de 1.500 a 2.000 ao día. Aproximadamente o 30 por cento son nenos e mulleres. Moitos están a fuxir do conflito nos seus países de orixe como Sirya, Iraq e Afganistán. O maior risco córreno os nenos emigrantes que viaxan sós, sen os seus pais ou familiares adultos.

Os nenos desprazados están a ser trasladados dunha autoridade a outra, forzados e en risco de caer en baleiros legais, políticas e prácticas de tránsito nos países de acollida. Enfróntanse a un futuro sen educación e con acceso limitado á xustiza e á sanidade. Nalgunhas ocasións foron sometidos a detencións e prácticas de controis fronteirizos que poñen as súas vidas en perigo.

UNICEF urxe ás autoridades a que recoñezan e traten a todos os nenos emigrantes, independentemente do seu st
atus social, relixión ou afiliación, en primeiro lugar e ante todo como nenos con dereitos, como establece a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Neno. Deben recibir coidado e atención especial, así como protección non discriminatoria e consistente. UNICEF continúa dando seguimento á situación sobre o terreo, e traballando coas autoridades locais para asegurar a protección dos nenos.

Nota para xornalistas:

A principios do presente ano, UNICEF presentou un plan de 10 puntos para guiar á Unión Europea acerca do interese superior dos nenos emigrantes ou refuxiados.

http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/noticias/agenda-europea-de-migracion-10-propuestas-de-unicef

Más información:

Diana Valcárcel, Directora de Comunicación, UNICEF España, tel. 609 160 051, [email protected]

Suzie Pappas Capovska, UNICEF en Skopje, + 389 02 72 236 725,  [email protected]

Kristen Elsby, UNICEF en Geneva, +41 79 938 82 72, [email protected]

Christophe Boulierac, UNICEF en Geneva, +41 79 963 9244, [email protected]