UNICEF: 850.000 nenos tratados este ano contra a desnutrición aguda grave no Sahel

Un informe destaca o desafío que supón chegar ata todos aqueles con necesidades

Un informe de progresos de UNICEF cifra en máis de 850.000 os nenos que terán recibido tratamento contra a desnutrición aguda grave en nove países da rexión do Sahel ao longo deste ano.  

Esta é unha cifra estimativa, que se obtivo tomando como referencia os 730.000 nenos menores de cinco anos que foron tratados dende xaneiro ata finais de setembro.
UNICEF advertiu en decembro de 2011 de que 1,1 millón de nenos sufrirían desnutrición aguda grave noSahel e necesitarían unha asistencia especializada. Con gobernos, axencias da ONU e outras organizacións humanitarias púxose en marcha unha das maiores respostas humanitarias deste tipo realizadas na rexión, contando co apoio de grandes doadores e cos chamamentos lanzados polos Comités Nacionais de UNICEF.
O informe afirma que o financiamento inicial de doadores como os gobernos de Suecia e Dinamarca, a Unión Europea e USAID, supuxo que puidesen comprar e pre-posicionar ao seu debido tempo subministracións cruciais de alimento terapéutico listo para usar. Non obstante, este ano producíronse desafíos significativos, como o desprazamento de persoas a países veciños debido ao conflito en Malí, a inseguridade e as fortes inundacións.
"Coa nosa experiencia na rexión sabiamos que nos enfrontariamos a desafíos graves para chegar a todos os nenos" dixo Manuel Fontaine, Director en funcións deUNICEF na rexión. "Evitouse unha gran catástrofe. Pero non deberiamos ser compracentes, porque aínda hai nenos que morren por causas evitables. "
"Ademais, a experiencia de 2012 suxírenos que quizais esteamos a subestimar con regularidade o verdadeiro número de nenos que sofren. Todos temos que buscar solucións máis dinámicas para lograr que as comunidades teñan maior capacidade de resistencia e de facer fronte a múltiples impactos", engadiu Fontaine.
Aínda que parece que as chuvias están a producir mellores colleitas na maior parte da subrexión, as familias poden tardar ata dous anos en recuperarse da perda de animais e de ter que pagar altos prezos polos alimentos durante moito tempo. Ademais, a desnutrición infantil é unha condición que erosiona de forma permanente a capacidade de absorción de nutrientes, aínda cando hai comida dispoñible que é considerada apropiada polos adultos.
"Desafortunadamente non existe vacina contra a desnutrición aguda grave, " dixo Fontaine. "Pode que moitos nenos das familias máis pobres do Sahel teñan que enfrontarse a ciclos que regularmente poñerán as súas vidas en perigo. En 2012 o enorme esforzo realizado supuxo que fosemos capaces de brindar os coidados necesarios a cada neno que puido chegar a un centro de tratamento. Pero temos que chegar a unha situación na que existan uns sistemas máis robustos e que os centros de tratamento reciban cada vez menos nenos".

Para descargar fotos e videos en alta calidade sobre a Crise humanitaria do Sahel: 

https://unicefweb.unicef.es/com/sahel

Usuario:     Refcom

Contrasinal:   uce442087

Más información:

Dailo Allí,

Xefe de Prensa de UNICEF España,

+34 609 160 051