Ucraína: chegan tratamentos contra o VIH/SIDA a zonas afectadas polo conflito

Hoxe chegou a Ucraína o primeiro envío de medicamentos antirretrovirales para adultos e nenos con VIH/SIDA que viven nas zonas afectadas polo conflito no leste do país. Proximamente chegarán máis cargamentos.

Esta é a primeira partida de fármacos antirretrovirales que se envía tras o acordo alcanzado por UNICEF e o Fondo Mundial de loita contra a SIDA, a tuberculose e a malaria; esta alianza por valor de 3,7 millóns de dólares (3,3 millóns de euros) prevé a provisión urxente de subministracións contra o VIH/SIDA para adultos e nenos nas zonas do leste de Ucraína non controladas polo goberno.

O acordo garante a continuidade do tratamento con antirretrovirales durante un ano para máis de 8.000 adultos e nenos portadores do VIH, así como a realización da proba do VIH a máis de 31.000 mulleres embarazadas e os seus fillos.

A estreita colaboración de UNICEF co Medicines Patent Pool, a Rede Ucraína de persoas que viven co VIH e algúns fabricantes farmacéuticos, traduciuse nun importante aforro de custos e na aceleración da adquisición.

UNICEF advertiu de que a saúde de miles de nenos e adultos nas zonas afectadas polo conflito en Donetsk e Luhansk estará en risco se non reciben a súa dose diaria de antirretrovirales.


Cando o tratamento se detén, aínda que sexa de forma temporal, unha persoa seropositiva está nun maior risco de volverse resistente ao medicamento, desenvolver a enfermidade ou morrer. Se unha muller seropositiva embarazada deixa de recibir tratamento a súa saúde sufrirá e o seu bebé será máis proclive á infección.

"Interromper a distribución segura de subministracións e medicinas nas zonas en conflito pode supoñer unha sentenza de morte para as persoas con VIH", dixo Craig McClure, xefe de VIH/SIDA de UNICEF. "A saúde e supervivencia dos nenos, mulleres e homes debería estar por enriba das disputas xeopolíticas".

"A través de aliados comprometidos estámonos a centrar en comunidades vulnerables que necesitan a subministración de medicinas fundamentais. É absolutamente esencial para a saúde e o benestar das persoas que viven con VIH no leste de Ucraína", dixo Maria Kirova, directora do departamento do Fondo Global para Europa do Leste.

As rexións do sur de Ucraína, como Donetsk e Luhansk, teñen a prevalencia de VIH m
áis alta do país: 644 casos por cada 100.000 persoas.

O conflito armado no leste de Ucraína ameazou aínda máis a saúde dos nenos e adultos seropositivos.

Preto de 14.000 adultos e nenos coVIH viven en áreas que non están baixo o control gobernamental. Deles, 8.000 están en risco de que o seu tratamento se interrompa.

O tratamento das persoas noutras zonas do país está garantido pola axuda regular do Fondo Global e polo financiamento adicional dos presupostos de Ucraína. UNICEF adquirirá as medicinas e kits de probas necesarios e apoiará a súa distribución.

"UNICEF non está a escatimar esforzos para evitar a interrupción do tratamento, mediante a distribución directa de subministracións e servizos esenciais aos nenos e as súas familias tanto nas áreas controladas polo goberno coma nas que non o están", dixo Marie-Pierre Poirier, directora rexional de UNICEF para Europa Central e do Leste e Comunidade de Estados Independentes. Estamos a traballar cos nosos aliados do goberno, Nacións Unidas e a sociedade civil para proporcionar a asistencia que tanto necesitan os nenos e adultos que viven con VIH".

Más información:

Veronika Vashchenko, UNICEF Kiev, +38 044 254 2439,[email protected]

Kate Donovan, UNICEF Medios, +1 212 326 7452, [email protected]

Lely Djuhari, UNICEF Xenebra, +41 79 204 44 82, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]