Tres anos despois do inicio do conflito de Sirya, duplícase o número de nenos que sofren as súas consecuencias

Entre os máis afectados, 1 millón de nenos que viven en estado de sitio e en zonas de difícil acceso

A medida que o conflito en Sirya se achega a outro fito sombrío, máis do dobre de nenos están afectados en comparación con hai 12 meses, di un novo informe de UNICEF publicado hoxe. O impacto maior sófreno un millón de nenos que viven atrapados nas zonas de Sirya que están en estado de sitio ou ás que é difícil chegar coa axuda humanitaria, debido á continua violencia.

O informe Baixo estado de sitio - o impacto desvastador para os nenos que viviron tres anos de conflito en Sirya céntrase no enorme dano causado aos 5,5 millóns de nenos afectados polo conflito e pide que se poña fin de inmediato á violencia e que aumente o apoio aos afectados. O informe inclúe o reconto dos nenos cuxas vidas foron devastadas polos tres anos de guerra, e pon de relevo os profundos traumas que moitos experimentaron. Nenos como Adnan, de catro anos de idade, que fuxiu coa súa familia a Líbano, sufriu cicatrices na cara cando a súa casa foi bombardeada e aínda padece angustia emocional. "Chora todas as noites", di a súa nai. "Ten medo de todo e asústase cando o deixamos só, aínda que sexa por un segundo. "UNICEF calcula que hai 2 millóns de nenos como Adnan que necesitan apoio psicolóxico ou tratamento. "Para os nenos de Sirya, os últimos tres anos foron os máis longos da súa vida. Deben aguantar outro ano de sufrimento? ", dixo o Director Executivo de UNICEF,Anthony Lake. O informe advirte que o futuro dos 5,5 millóns de nenos, que viven dentro de Sirya ou como refuxiados nos países veciños, está en perigo, mentres a violencia, o colapso dos servizos de saúde e educación, os trastornos psicolóxicos graves e o empeoramento do impacto económico nas familias se combinan para devastar a toda unha xeración de nenos. O informe chama a atención sobre o sufrimento que experimentan os nenos, e as súas familias, que quedaron atrapados en zonas en estado de sitio durante moitos meses. Illados da axuda, vivindo entre entullos e loitando por encontrar comida. Moitos nenos sirios quedáronse sen protección, atención médica ou apoio psicolóxico, e teñen pouco ou ningún acceso á educación. Nos peores casos, os nenos e as mulleres embarazadas foron deliberadamente feridos ou matados por francotiradores. Nos países de acollida, 1,2 millóns de nenos sirios son agora refuxiados que viven en campamentos e comunidades de acollida desbordadas, e teñen un acceso limitado a auga potable, a alimentos nutritivos ou a oportunidades de aprendizaxe.

O informe di que tres anos despois, os nenos sirios se viron obrigados a crecer máis rápido do que calquera neno debería.UNICEF calcula que 1 de cada 10 nenos refuxiados está traballando agora, e 1 de cada 5 nenas sirias en Xordania vese obrigada a casar a unha idade temperá. O informe fai un chamamento á comunidade internacional para emprender seis pasos críticos: . Poñer fin agora á espiral de violencia en Sirya . Conceder acceso inmediato a 1 millón de nenos menores dentro de Sirya aos que aínda non se puido chegar . Crear un ambiente onde os nenos estean protexidos contra a explotación e o dano . Investir na educación dos nenos . Axudar á curación interior dos nenos a través da atención psicolóxica e apoio . Brindar apoio ás comunidades de acollida e aos gobernos para mitigar o impacto social e económico do conflito nas familias. "Esta guerra ten que rematar para que os nenos poidan regresar de xeito seguro aos seus fogares coa súa familia e os seus amigos. Este desvastador terceiro ano para os nenos sirios, debe ser o último", dixo Lake.

Más información:

Diana Valcárcel

[email protected]

tel. 91 378 86 03/636 62 09 13