Terremoto en Nepal: UNICEF pon en marcha unha campaña de vacinación para centos de miles de nenos en risco

Máis de medio millón de nenos son o obxectivo dunha campaña de vacinación de emerxencia, cando crece o medo a un brote de sarampelo nos campamentos informais que se estableceron dende o terremoto do 25 de abril.

A campaña foi lanzada polo Ministerio de Saúde e Poboación de Nepal, co apoio de UNICEF e a Organización Mundial da Saúde (OMS).

A falta de refuxio e de saneamento son grandes factores de risco para o desenvolvemento de enfermidades, xa que o número de persoas que deixou as súas casas segue aumentando. Moita xente vive agora xunto ás súas vivendas danadas.

Segundo as cifras dispoñibles antes do terremoto, ao redor dun de cada dez nenos de Nepal non está vacinado contra o sarampelo.

"O sarampelo é moi contaxioso e potencialmente mortal, e tememos que se estenda rapidamente nos campamentos improvisados, a miúdo masificados, onde están a vivir moitos nenos", di o representante de UNICEF en Nepal, Tomoo Hozumi.

"Estivemos a traballar durante décadas para eliminar o sarampelo en Nepal. Se non actuamos xa, hai un risco real de que rexurda como unha grave ameaza para os nenos, o cal supoñería un revés para os nosos esforzos,".

Na primeira fase de resposta á emerxencia, os equipos están a traballar para vacinar os nenos menores de 5 anos nos asentamentos informais dos tres distritos -densamente poboados- do Val de Katmandu: Bhaktapur, Katmandu e Lalitpur. A campaña continuará durante as próximas semanas nos 12 distritos máis afectados polo terremoto.

Estamos a traballar cos nosos aliados para tomar medidas prácticas urxentes para mobilizar decenas de miles de vacinas, así como as instalacións da cadea de frío necesarias para almacenalas á temperatura axeitada e mantelas de maneira que sigan sendo efectivas", di Tomoo Hozumi.


"Estamos a facer todo o posible para minimizar o perigo para os nenos, que xa pasaron demasiado,".

Ao redor de 1,7 millóns de nenos continúan necesitando urxentemente axuda humanitaria nas áreas máis golpeadas polo terremoto en Nepal.

Ademais de proporcionar vacinas para cortar o risco de enfermidade, UNICEF está a priorizar o acceso a auga potable e saneamento para os nenos nas zonas máis afectadas do país. 

As últimas intervencións inclúen:

  • UNICEF chegou a case 90.000 persoas en KavrepalanchokLalitpure Katmandu con auga abondo para beber, cociñar e lavar.
  • Case 80.000 persoas en sete distritos gravemente afectados (GorkhaDhadingDolakhaSindhupalchokKavrepalanchokLalitpur e Katmandu) recibiron materiais e formación sobre hixiene.
  • Unha carga aérea con kits de saúde, mantas, kits de supervivencia e tendas de campaña está en camiño para chegar aos nenos das áreas máis remotas e difíciles de alcanzar.

UNICEF lanzou un chamamento por valor de 50 millóns de dólares (45,6 millóns de euros) para dar apoio á súa resposta humanitaria ao terremoto en Nepal durante os próximos tres meses, como parte dun chamamento máis amplo de varias axencias.

Para acceder a vídeos e fotos:

ftp://video.unicef.es/terremoto_Nepal

Usuario:        Refcom

Contrasinal:   uce442087

Para máis información e contribuir ao traballo de UNICEF nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/terremoto-nepal

 

Caixabank

ES39

2100

5731

70

0200005001

 

BBVA

ES65

0182

2370

41

0010033337

 

Santander

ES51

0030

8301

77

0000304271

 

ING Direct

ES98

1465

0100

95

6000000000

A través do teléfono móbil www.unicef.es/38080

Más información:

Rupa Joshi, UNICEF Nepal, +97715523200 ext 1179 Móvil: +9779851054140, [email protected]

Rose Foley, UNICEF Nova York (actualmente en Nepal), +1917 340 2582, [email protected]

Kent Page, UNICEF Nova York (actualmente en Nepal) +977 980 203 8951 [email protected]

Jean-Jacques Simon, UNICEF Asia Meridional, [email protected]

Chris Tidey, UNICEF, +1 917 909 9542, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]