Sobre o asasinato de nenos en Sada, ao norte de Iemen

Un ataque aéreo ha matado polo menos a sete nenos e ferido a outros 21 esta mañá nunha escola relixiosa na gobernación de Sada, no norte de Iemen.
 
Os nenos que morreron como consecuencia do ataque, de idades comprendidas entre o seis e 14 anos, estaban a estudar nunha escola no pobo Juma'a Bin Fadil en Haydan. Os corpos aínda están a ser rescatados dos cascallos e espérase que o número de vítimas mortais aumente.
 
Os nenos que sobreviviron ao ataque están a ser tratados nun hospital de Sada.
 
Coa intensificación da violencia en todo o país na última semana, o número de nenos mortos e feridos por ataques aéreos, combates nas rúas e minas terrestres aumentou considerablemente.
 
UNICEF fai un chamamento a todas as partes en conflito en Iemen a respectar e cumprir coas súas obrigacións en virtude do Dereito Internacional. Isto inclúe a obrigación de limitarse ao ataque de obxectivos militares e combatentes e evitar o dano a persoas civís e bens de carácter civil.

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.  

Más información:

Para máis información:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]