Sirya: uns 210.000 nenos necesitan axuda humanitaria urxente en Homs

Unha misión conxunta das Nacións Unidas en Homs, unha provincia occidental de Sirya, na que participou UNICEF, revelou que 420.000 persoas, a metade deles nenos, necesitan asistencia humanitaria de xeito inmediato.

A misión, que acaba de finalizar tras un mes, concluíu que preto de 700.000 persoas en toda a provincia se viron gravemente afectadas polo conflito, incluíndo 635.000 persoas desprazadas dos seus fogares ou repatriadas, e as familias de acollida. "Os nenos son os máis afectados", dixo o especialista de Emerxencias de UNICEF, MarcosChoonoo, que formou parte da misión. "A maioría dos nenos que vin mostraban signos de sufrimento. É moi importante que cheguemos á maior cantidade de nenos que sexa posible para darlles o apoio que necesitan para facer fronte a estas experiencias traumáticas" engadiu. De 1.500 escolas que hai en Homs, calcúlase que 200 sufriron danos como consecuencia dos combates e outras 65 deron refuxio a nenos e familias. Isto ten implicacións directas nos estudantes e na calidade da educación. No último día da misión, UNICEFvisitou Talbiseh, un pobo situado a 30 quilómetros ao norte da cidade de Homs, que experimentou fortes enfrontamentos no último ano. O traballo de UNICEF na provincia deHoms consiste na distribución de mantas, colchas, kits familiares de hixiene e roupa para nenos, así como proporcionar educación especial.

Só en Talbiseh, UNICEF proporcionou 1.000 mantas, 1.000 kits de hixiene e 2.000 kits de roupa para nenos. Entre as principais prioridades están proporcionar programas de apoio psicolóxico destinado aos nenos, aumentar o acceso á educación e rehabilitar a rede de auga.UNICEF realizou unha petición de fondos de 68,5 millóns de dólares (50,16 millóns de euros) para levar a cabo programas que salvan vidas dentro de Sirya durante os seis primeiros meses de 2013. Só se recibiu ata o momento un pouco máis de 8 millóns de dólares (5,86 millóns de euros).
Máis información sobre o traballo de UNICEF na Crise de Sirya:

http://www.unicef.es/infancia/emergencias-ayuda-humanitaria/crisis-en-siria

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, 609 160 051 - [email protected]