Serra Leoa: enfermos de malaria non acoden ao médico por medo a ser considerados sospeitosos de ébola

Ao redor de 2,4 millóns de persoas recibirán medicamentos contra a malaria nunha campaña apoiada por UNICEF que comeza hoxe. Nun momento no que se achega a época de maior transmisión de malaria, esta manobra pretende reducir os casos de malaria, aliviar a presión do sistema de saúde e permitir que os casos reais de ébola sexan identificados e tratados.

"A malaria é a primeira causa de morte en Serra Leoa, pero os pacientes que puideron contaxiarse non buscan atención médica por medo a ser rexeitados nos centros de saúde como sospeitosos de ter ébola", dixo Roeland Monash, representante de UNICEF no país. "A xente mórrese nas súas comunidades pola falta de diagnóstico e tratamento. Esta campaña contribuirá á loita contras as dúas enfermidades, a malaria e o ébola".

Os síntomas da malaria -febre, dor de cabeza e das articulacións- son tan parecidos aos do ébola na súa primeira fase que é doado diagnosticar de xeito erróneo, causando confusión entre os pacientes e o persoal sanitario, así como ingresos innecesarios nos centros de tratamento do ébola.

Ao reducir o número de persoas que presentan febre alta, menos pacientes requirirán ser avaliados e illado para descartar que oébola sexa a causa da súa enfermidade. Tamén reducirá o risco de que os pacientes de malaria contraian ébola.

Durante esta campaña, apoiada polo goberno alemán, máis de 9.300 traballadores sanitarios das comunidades irán porta a porta nos distritos con maior risco de ébola para axudar a administrar a medicación contra a malaria a todas as persoas a partir dos 6 meses de idade. Tamén ensinarán ás familias as similitudes dos síntomas do ébola e a malaria e a importancia de tomar os medicamentos que salvan vidas.

"O éxito da campaña dependerá agora de que os pais e cabezas de familia aproveiten esta oportunidade", dixo Monasch. "As pastillas contra a malaria son efectivas e deben administrarse segundo o indicado polo persoal sanitario. Neste sentido, cada cidadán pode xogar o seu papel en reducir a desgracia e a fatalidade causadas pola malaria en Serra Leoa, pero ao mesmo tempo cada cidadán estará tamén a contribuír aos esforzos contra o ébola".


En xaneiro de 2015 terá lugar unha segunda rolda desta distribución de medicamentos contra a malaria apoiada por diferentes aliados.

######

Máis información sobre o traballo de UNICEF contra o ébola:

http://www.unicef.es/ebola

Para contribuir ao traballo de UNICEF contra o ébola únete a Champions for Life:

http://www.unicef.es/championsforlife

Nota para a redacción: O Ministerio de Saúde e Saneamento e o Centro Nacional de Resposta contra o Ébola lideran esta campaña co apoio de UNICEF, en alianza co Fondo Mundial da loita contra a SIDA, a Tuberculose e a Malaria, Médicos Sin Fronteras, a OMS e Roll Back Malaria.

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.

Más información:

Raquel Fernández

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]