Roger Moore pide máis axuda para Filipinas

O Embaixador de Boa Vontade de UNICEF Roger Moore visitou o almacén de subministracións humanitarias de Copenhaguen e fixo un chamamento para que continúe a axuda aos nenos e as súas familias cuxas vidas foron devastadas polo super tifón Haiyan en Filipinas.

Acompañado pola súa esposa Lady Kristina, o lendario actor visitou o almacén de UNICEF, onde o persoal envasa e envía subministracións vitais dende que Haiyan golpeou o arquipélago hai dúas semanas. Nas últimas dúas semanas, UNICEF enviou 240 toneladas métricas de subministracións de emerxencia dende os seus almacéns en Copenhaguen e Dubai.Sir Roger sinalou a enorme destrución causada a raíz do tifón e a magnitude da resposta de emerxencia: "Hai uns cinco millóns de nenos que necesitan axuda - case a metade deles perderon os seus fogares e algúns están separados dos seus pais. Trátase de familias repartidas en 1.500 campamentos de emerxencia. Moitas, moitas persoas perdérono todo menos as súas vidas", dixo.Sir Roger, quizais máis coñecido polo seu papel como o axente secreto James Bond, tamén foi informado sobre a axuda humanitaria queUNICEF brindou dende que o tifón azoutou Filipinas. "A prioridade é restablecer o acceso á auga limpa", explicouJoselito Nuguid, o director adxunto das operacións da División de Subministracións de UNICEF.UNICEF contribuíu a restablecer o 80% da auga corrente en Tacloban, a cidade máis grande afectada polo tifón. Ademais, as pontes aéreas distribuíron unidades de tratamento de auga, bidóns de auga, kits familiares de auga e latrinas para axudar a previr a propagación de enfermidades. Ata a data, UNICEF enviou 25 avións cargados de subministracións vitais a Filipinas. A organización recibiu grande axuda de British Airways, Emirates Airlines eKLM que doou espazo de carga dende os principais centros de subministracións de UNICEF a destinos onde a necesidade é enorme.Sir Roger mostrouse conmovido pola xenerosidade internacional a raíz da tormenta máis poderosa do mundo, e fixo fincapé na necesidade de manter o impulso. " Temos que manter o foco e asegurar que os nenos continúan sendo apoiados", dixo Sir Roger. "Hai tanto que aínda queda por facer. "

Más información:

Dailo Allí

Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]