República Democrática do Congo foi declarada libre de ébola: ningún novo caso nos últimos 42 días

"A epidemia, que fora declarada o domingo 24 de agosto de 2014 de conformidade co Regulamento Sanitario Internacional, controlouse en 40 días e continuamos o seguimento por un período de seguridade de 42 días adicionais sen que se rexistrase ningún novo caso positivo confirmado", declarou Félix Kabange Numbi Mukwampa, Ministro de Saúde Pública de República Democrática do Congo (RDC), na conferencia de prensa que ofreceu para declarar o fin da epidemia de ébola no país. O brote de ébola en República Democrática do Congo alcanzou a 66 casos confirmados ou sospeitosos e provocou 49 mortes.

O brote epidémico de ébola desatouse no territorio de Boende na provincia de Equateur, máis especificamente na área de Djera, a máis de 1.200 km da capital, Kinshasa. O brote produciuse nun contexto particular nun momento no que África occidental xa se enfrontaba a unha epidemia de ébola en Guinea, Serra Leoa e Liberia. Na súa resposta á crise, República Democrática do Congo enfrontouse a dous retos principais. En primeiro lugar evitar a importación dun caso de ébola dende África Occidental mentres que se loitaba ao mesmo tempo contra a epidemia que se declarara en Djera.

Grazas á rápida e coordinada resposta non houbo ningún caso de ébola importado de África Occidental e a epidemia en Djera puido ser controlada. Para responder á epidemia, o goberno de RDC co apoio dos seus aliados actuou en tres frontes. En primeiro lugar, o enfoque comunitario que implica a apropiación da loita por parte das comunidades de base a través de campañas como a de 'pobo a pobo' e 'nin un fogar sen desinfectante'. Despois a resposta médica, incluíndo os servizos de saúde gratuítos para todos e a atención de calidade nos centros de tratamento de ébola. Por último, funerais con garantías de seguridade durante o período da epidemia co fin de evitar calquera contaminación.

O Ministro de Saúde agradeceu o compromiso aos seus equipos. Tamén agradeceu todos os aliados técnicos e financeiros polo seu firme apoio durante a resposta que se puxo en marcha para loitar contra a enfermidade. Na súa loita contra o ébolaRDC puido contar con expertos congoleses adestrados e os seus equipos, que foron despregados rapidamente na zona afectada grazas ao apoio da MONUSCOUNHAS (PMA) e Aviación Sen Fronteiras (ASF-F), baixo a supervisión do Comité de Coordinación Técnica e Científica.

UNICEF cos seus aliados apoiou a resposta mediante o envío de máis de 40 toneladas de equipamento médico e de hixiene. Sylvie Fouet, Representante Adxunta do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia (UNICEF), dixo: "Por outra parte, investimos fortemente cos nosos aliados en concienciar a comunidade. Este esforzo de comunicación debe continuar'.

O Representante do PMA en República Democrática do Congo, Pablo Recalde, dixo que estaba "orgulloso da forte contribución do PMA ao esforzo nacional para deter a epidemia" e felicitando o Goberno, espera que non imos esquecer que a pesar de que o apoio alimentario, a loxística e o transporte aéreo foi fundamental na resposta, é en última instancia o excelente liderado do goberno congolés o que marcou a diferenza".

Grazas á experiencia adquirida durante os 6 brotes anteriores de ébola dende 1976, os profesionais congoleses da saúde demostraron a súa experiencia no terreo. Puxéronse a traballar para conter a enfermidade e son capaces de compartir os seus coñecementos e experiencia cos países afectados de África occidental. É neste contexto que os equipos multidisciplinarios se formaron co apoio de UNICEF e a OMS para ser capaces de responder a calquera brote futuro en República Democrática do Congo e para despregarse en Liberia, Guinea e Serra Leoa.

É importante sinalar que na resposta contra o ébola e outras enfermidades, a participación comunitaria é crucial. De feito, as familias participaron activamente no control da enfermidade mediante a posta en práctica de condutas efectivas de lavado de mans con xabón e auga limpa, grazas ás mensaxes que se comunican a través de medios de comunicación e a radio local. Tamén se estableceron tres liñas directas polos operadores móbiles (TigoVodacom e Airtel) para facer fronte a todas as inquietudes da poboación. É grazas á estreita colaboración coas comunidades e a súa apropiación da resposta que a loita contra o ébola en República Democrática do Congo foi un éxito.

Más información:

Yves Willemot, Chef Communication/UNICEF RDC, +243 81 88 46746, [email protected] 

Bibiane Ambongo, Communication Specialist/UNICEF Kinshasa, +243 81 8803007, [email protected]

Dr Lomamy Shodu, Conseiller médical/Cabinet du Ministre de la santé, [email protected]

Olivier Le Blanc, External Relations, Reports and Communication Officer/WFP, +243 81 701 1465, [email protected]

Claude Kalinga, Public Information Officer/WFP, +243 81 700 6714, [email protected]