Preto de 60.000 nenos necesitan asistencia inmediata tras o paso do ciclón Pam en Vanuatu

Polo menos 70.000 nenos viron interrompida a súa educación

Decenas de miles de nenos necesitan asistencia de xeito urxente en Vanuatu despois de que o ciclón tropical Pam arrasase a illa.

" Ao redor de 60.000 nenos de Vanuatu están afectados", dixo Isabelle Austin, Representante adxunta de UNICEF Pacifico. "Estamos particularmente preocupados pola súa saúde, nutrición, seguridade, escolaridade e recuperación".

A tormenta de categoría 5 chegou a noite do venres (13 de marzo) e continuou ata as primeiras horas da mañá do sábado, deixando os nenos nunha situación particular de risco.

"Parecía coma se o mundo estivese a chegar ao seu fin", dixo Alice Clements, un dos membros do persoal de UNICEF que se encontraba na capital, Port Vila, cando golpeou a tormenta. "Os ventos eran incriblemente fortes, arrancaban teitos, destruían casas e prexudicaron hospitais e escolas. Son innumerables os fogares que foron sacudidos e hai comunidades quedáronse en ruínas".

O acceso ás instalacións de auga potable e saneamento viuse interrompido en moitos lugares en Vanuatu, mesmo nos centros de evacuación, o que leva consigo un maior risco de enfermidades transmitidas por auga e por vectores. UNICEF está a apoiar o Goberno e traballa con aliados para proporcionar colectores de auga, pastillas potabilizadoras, xabón e latrinas e instalacións sanitarias temporais.

UNICEF tamén está a avaliar os danos en infraestruturas e servizos clave. Numerosos xardíns de infancia e escolas primarias e secundarias foron danados polo ciclón, ou están a ser utilizados como centros de evacuación. Como resultado, polo menos 70.000 nenos en idade escolar viron interrompida a súa educación.

UNICEF está a ofrecer apoio a nenos e familias nos centros de evacuación mediante servizos de protección da infancia, educación e saúde.

UNICEF tamén está a coordinar unha campaña de prevención contra o sarampelo en colaboración coa Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Ministerio de Saúde de Vanuatu, dadas as baixas taxas de vacinación no país e un recente brote de sarampelo a principios de marzo. Os equipos de UNICEF están a restablecer as cámaras fri
goríficas esenciais para as vacinas utilizando as reservas de combustible de emerxencia, co fin de que as vacinas, que salvan vidas, poidan ser destinadas aos nenos.

UNICEF tamén está a proporcionar asistencia ás comunidades de Tuvalu e as illas Salomón, que tamén se viron afectadas.



Para contribuír ao traballo de UNICEF
 nesta emerxencia:

https://www.unicef.es/cooperacion-internacional/donar-ong/hacer-donacion/fondo-de-emergencias Por teléfono: 902 31 41 31 (luns a venres de 9 a 22 h, sábados de 11 a 17 h.)

Acerca de UNICEF:

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.
 

Más información:

En Nova York:

Rose Foley, [email protected]; +1917 340 2582

Najwa Mekki, [email protected], +1917 209 1804

En Pacífico: (Por favor, téngase en cuenta la diferencia horaria)

Alice Clements, UNICEF Vanuatu, [email protected], +678 546 7132

Donna Hoerder, [email protected], +679 3236 100

En España:

Belén de Vicente UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55 E-mail: [email protected]