Os xogadores do FC Barcelona Lionel Messi e José Manuel Pinto comparten as súas habilidades futbolísticas con mozos con minusvalidez e avogan pola inclusión dos nenos con minusvalidez

No primeiro día de viaxe do FC Barcelona a Thailandia, os xogadores internacionalmente recoñecidos Lionel Messi e José Manuel Pinto compartiron as súas habilidades futbolísticas con nenos con minusvalidez intelectual.

Os xogadores e os asistentes formaron un grupo unido de mozos con e sen minusvalidez que practican deporte e que fomentan o traballo en equipo e a colaboración mutua. O FC Barcelona e UNICEF manteñen unha alianza mundial dende o ano 2006 destinada a mellorar as vidas de millóns de nenos, proporcionándolles a oportunidade de recibir educación, participar en actividades deportivas e aprender valores positivos como a inclusión. Reflexo do compromiso do equipo con esta alianza, os xogadores do FC Barcelona Messi e Pintoresponderon ás preguntas de 20 nenos e mozos, aos que ademais ensinaron algunhas técnicas futbolísticas. Algúns destes nenos e mozos xogan no Equipo Unificado de Fútbol das Olimpíadas Especiais de Thailandia, que se clasificou para a Copa Mundial 2014 de Brasil que organizan Special Olympics (Olimpíadas Especiais) e a FIFA. O Equipo Unificado está formado por mozos con e sen minusvalidez intelectual que adestran, practican e xogan xuntos, dando exemplo de como os nenos con minusvalidez poden participar no deporte xunto a outros nenos. En Thailandia hai ao redor dun millón de persoas con minusvalidez intelectual, das que 600.000 son nenos. Os estudos demostran que proporcionando aos nenos con minusvalidez intelectual a oportunidade de participar en actividades físicas e deportivas, mellora o seu desenvolvemento físico e mental, así como a comunicación e as súas habilidades sociais. UNICEF Thailandia traballa coas Olimpíadas Especiais de Thailandia, unha organización no que ten como obxectivo promover a inclusión social destes nenos a través de adestramentos e competicións deportivas. Durante o acto, Isiye Ndombi, Subdirector Rexional para Asia Oriental e Pacífico de UNICEF, felicitou o FC Barcelona por divulgar un tema tan crucial como é a importancia de proporcionar aos nenos con minusvalidez as mesmas oportunidades de competir en actividades deportivas que o resto.

"UNICEF está firmemente convencido de que cando a sociedade inclúe os nenos con minusvalidez enriquece a vida de todos", dixo Ndombi. "Ao estar aquí hoxe, o FC Barcelona está demostrando unha vez máis que os valores do seu equipo van moito máis alá do campo de fútbol e ademais, contribúen a reforzar a importancia da inclusión social dos nenos máis vulnerables. " "O FC Barcelona gana, pero facémolo cun estilo ligado aos valores", dixo Ramón Pont, Vicepresidente da Fundación FC Barcelona. "É a través dos valores como se pode gañar. Tratamos de aproveitar a forza do deporte para o desenvolvemento das persoas, especialmente os nenos, e UNICEF é o noso principal aliado neste desafío. " En resposta a unha pregunta formulada por un dos nenos que asistiron ao encontro cos xogadores, Messi asegurou: "xoguei moitas veces con nenos con minusvalidez e non é diferente a xogar con calquera outro neno". Posteriormente respondeu a outra pregunta sobre como se pode converter alguén nun gran xogador de fútbol, ao que Messi dixo: "a formación é a clave. Hai que renunciar a moito. Se che gusta o xogo, tes que loitar por iso e hai que querer aprender todos os días". O FC Barcelona está comprometido a apoiar os dereitos dos nenos vulnerables. Dende 2006, oFC Barcelona achegou 1,5 millóns de euros anuais ao traballo de UNICEF. En 2011, o FC Barcelona e UNICEF renovaron a súa alianza outros tres anos, centrándose no Deporte para o Desenvolvemento no contexto máis amplo para garantir o dereito de todos os nenos á educación. A través da alianza, UNICEF e a Fundación FCB comprometéronse a proporcionar a millóns de nenos a oportunidade de recibir educación e aprender valores positivos a través dun programa integrado de educación física, deporte e xogo en Escolas Amigas da Infancia en Brasil, China, Ghana e Sudáfrica.

Ademais, o club de fútbol loce o logotipo de UNICEF na súa camiseta como mostra do seu continuado compromiso de garantir os dereitos de todos os nenos.

Para descargar fotografías do acto: http://we.tl/AuZPtsVSIg

Crédito: UNICEF Thailand/2013/Jingjai N.

Pè de foto:Os xogadores doFC Barcelona Lionel Messi e José Manuel Pinto compartiron as súas habilidades futbolísticas con nenos con minusvalidez intelectual nun acto con nenos celebrado en Bangkok.

Más información:

Dailo Allí

Xefe de prensa de UNICEF España

Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]