Os países de África occidental en risco por ébola seguen en alerta máxima

Ante os novos casos de ébola en Malí e o aumento continuo en Serra Leoa, UNICEF está a incrementar os seus esforzos para axudar a outros países en risco de África occidental fronte a potenciais brotes.

"Os novos casos en Malí recórdannos que non existe ningún país na rexión que sexa inmune ao ébola", dixo Manuel Fontaine, director rexional de UNICEF para África occidental e central. "Non podemos esperar que se dean novos casos en países en risco para poñernos en acción. Debemos axudar as comunidades a prepararse hoxe fronte a posibles casos, cando e onde acontezan,".

Nos últimos meses, UNICEF traballou con todos os países de África occidental e central para revisar a súa planificación de prevención e preparación. Nos 13 países con maior risco, os esforzos centráronse en disipar os rumores, compartir información vital e proporcionar subministracións como colchóns, xabón, xel desinfectante, lixivia, cubos termómetros láser luvas kits contra a diarrea, xiringas, lonas e tendas.

En Malí, un centro de tratamento do ébola está xa operativo na capital, Bamako, mentres outras instalacións sanitarias, especialmente nas zonas fronteirizas, foron dotadas de servizos adicionais de auga, saneamento e hixiene. En Bamako, equipáronse 77 estacións de autobús con material para o lavado de mans.

En Costa de Marfil, que comparte fronteira con Guinea, Liberia e Malí, estanse a levar a cabo campañas de información masiva ao mesmo tempo que traballadores sanitarios comunitarios están a ir porta a porta promovendo comportamentos saudables. UNICEF está a traballar con líderes comunitarios e relixiosos, e organiza sesións informativas sobre boas prácticas hixiénicas en máis de 1.000 colexios nas rexións fronteirizas.

En Guinea-Bissau, aproximadamente 10.000 traballadores sanitarios comunitarios, profesores e líderes de opinión recibirán formación e información relacionada co ébola.

En Benin, 50 emisoras de raio locais están a emitir mensaxes educativas sobre o ébola nas 8 principais linguas e púxose en marcha unha campaña de participación comunitaria a través dunha rede de máis de 2.000 promotores de saúde.

Para descargar fotos e vídeos de países afectados por ébola:

ftp://video.unicef.es/ebola

Usuario: refcom

Contrasinal: uce442087

Nota para a redacción:

Os 13 países en maior risco de contraer ébola son: Benín, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, Costa de Marfil, Gambia, Ghana, Guinea-BissauMalí, Mauritania, Nixeria, Senegal e Togo. Foron identificados como tales nun encontro a nivel rexional en Accra, o pasado setembro, baseándose en varios criterios como o da proximidade xeográfica cos países afectados, así como as rutas de viaxe e comercio máis habituais nestes países.

Acerca de UNICEF

En UNICEF promovemos os dereitos e o benestar de todos os nenos, nenas e adolescentes en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas que beneficien a todos os nenos, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos máis vulnerables e excluídos, en todo o mundo.

Más información:

Christophe Boulierac, UNICEF Geneva, [email protected]+41 799 639 244

Laurent Duvillier, UNICEF Dakar, [email protected]+221 777 403 577

Najwa Mekki, UNICEF New York, [email protected]+1 917 209 1804

Raquel Fernández, UNICEF España, [email protected] +34 609 160 051