Os nenos vítimas de violencia apenas teñen acceso á xustiza

A maioría de nenos vítimas de violencia en Europa Central e do Leste e Asia Central carecen de opcións para expresar as súas opinións e presentar cargos ante os tribunais, segundo un novo informe rexional que UNICEF lanzou hoxe.

O informe, Acceso equitativo dos nenos á xustiza en Europa Central e do Leste e Asia Central, bota luz sobre as tremendas barreiras ás que se enfrontan os nenos cando buscan solucións xustas e eficaces para corrixir a inxustiza e discriminación das súas vidas.

Non obstante, tamén cita notables avances na administración de xustiza. Os gobernos da rexión están a axustar cada vez máis os seus procedementos nos tribunais e nas comisarías para protexer os dereitos dos nenos, en liña cos estándares nacionais. Os nenos que están a pasar por procesos de xustiza reciben cada vez máis apoio legal, xurídico e social. A través dos centros de dereitos dos nenos ou de consultorios legais, eles e as súas familias poden obter información sobre as vías de reparación, obter consello social e legal, ser derivados a un avogado, un médico ou un psicólogo, e outros servizos. Nalgúns casos poden recibir asistencia legal directa para iniciar un proceso xudicial.

O informe presentouse nun debate sobre políticas de infancia, durante o cal Susan Bissell, xefe de protección de UNICEF, dixo que "En todas as partes a noso arredor, cada día, os nenos sofren violencia e abuso, e aínda só unha parte deles ten acceso a un sistema de xustiza equitativo capaz de tomar decisións polo interese superior do neno".

"O dereito de acceso á xustiza parece aínda, para algunhas mentes, inconcibible cando se trata de nenos. Urximos aos gobernos e aliados clave a incluír os dereitos concretos dos nenos e as súas necesidades nas reformas da xustiza a todos os niveis".

O debate foi organizado pola oficina rexional de UNICEF e a Axencia dos Dere
itos Fundamentais da Unión Europea, en colaboración co inter grupo sobre Dereitos do Neno do Parlamento Europeo.

Outras violacións dos dereitos do neno na rexión continúan sen ser denunciadas ou discutidas nos tribunais, como:

  • Negar a oportunidade de ir á escola aos nenos con minusvalidez ou separar á forza estes nenos dos seus pais.
  • Negar documentos de identidade ou beneficios sociais ou servizos de saúde aos nenos da etnia caló ou ás familias pobres das áreas rurais.
  • Ignorar o interese superior do neno durante os asuntos de custodia nos procesos de divorcio.

As decisións administrativas ou xudiciais sobre estas e outras violacións de dereitos poden sentar un precedente para outros nenos e ter un impacto no futuro que cambie as súas vidas.

As crenzas sociais e culturais arraigadas fixeron que para os nenos sexa inaceptable confiar nun adulto que non sexa do seu fogar en temas de violacións de dereitos na súa casa, no colexio ou na súa comunidade, e moito menos presentar unha denuncia a través do sistema xudicial alegando medo a represalias contra eles mesmos ou as súas familias, segundo o informe.

O estudo rexional céntrase en Albania, Xeorxia, Kirguistán e Montenegro, e foi dirixido xunto coa Organización Internacional de Dereito para o Desenvolvemento.

A maioría dos nenos dos países do estudo dixeron que non eran conscientes de ningún servizo ou recurso específicos ao que poidan acudir se están en dificultades. Entre os grupos máis vulnerables están os nenos nacidos en pobreza, os nenos de comunidades de etnia caló e os nenos con minusvalideces.

Os nenos que están nun proceso xudicial dixeron que non estaban acompañados por asistentes legais especializados e que se enfrontaron a procedementos complexos e longos.

Para descargar o informe: http://uni.cf/1FkhxFn

Vídeo, brutos e fotos de nenos con minusvalidez mental que buscan xustiza en Bulgaria: http://bit.ly/1AFDi5Z

Más información:

Kristen Elsby +41 79 938 82 73, [email protected]

Lely Djuhari, +41 79 204 44 82 [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55 [email protected]