Os nenos están a ser tratados con crueldade en República Centroafricana

Os ataques contra nenos radicalizáronse na capital da República Centroafricana, chegando a provocar mesmo a decapitación de polo menos dous nenos, como consecuencia da violencia que se está a producir dende principios de decembro.

"Estamos a ser testemuñas de niveis de violencia contra os nenos sen precedentes. Cada vez máis nenos están a ser recrutados por grupos armados, e tamén son o obxectivo directo de atroces ataques de vinganza", afirmou Souleymane Diabate, representante de UNICEF en República Centroafricana. "Os ataques dirixidos contra os nenos son unha violación do dereito internacional humanitario e dos dereitos humanos, e deben parar inmediatamente. É necesario adoptar medidas concretas para previr a violencia contra os nenos", dixo Diabate.UNICEF e os seus aliados confirmaron que polo menos 16 nenos morreron e 60 resultaron feridos dende o estalido da violencia en Bangui o pasado 5 de decembro.Diabate dixo que as partes armadas son responsables de tomar medidas específicas para protexer os nenos. Isto inclúe:

  • Dar ordes claras por parte daqueles que teñan responsabilidades dentro das forzas e grupos armados para deter as graves violacións contra os nenos. As ordes deben deixar claro que os nenos non deben ser recrutados para loitar nin ser obxectivo da violencia.
  • A liberación inmediata dos nenos recrutados por forzas e grupos armados e a súa protección fronte a represalias. Os centros de tránsito instalados para a liberación e reinserción dos nenos tamén deben ser protexidos de ataques.
  • Prohibir os ataques contra o persoal sanitario e educativo, e o uso de espazos civís como escolas e hospitais para propósitos militares.
  • Permitir o acceso seguro e sen obstáculos da axuda humanitaria.

Unhas 370.000 persoas, case a metade da poboación deBangui, foron desprazadas a ducias de asentamentos instalados na capital durante as tres últimas semanas. Ao redor de 785.000 persoas están desprazadas internamente no país dende o comezo do conflito hai máis dun ano.UNICEF está aumentado os seus esforzos de asistencia ás comunidades de desprazados, incluíndo o abastecemento de auga potable, instalacións de saneamento, a distribución de subministracións médicas e a instalación de espazos seguros para os nenos.

Más información:

 

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

[email protected]