Orlando Bloom visita as comunidades afectadas polo ébola en Liberia
O Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, é a primeira personalidade que visita o país dende o comezo da epidemiaO embaixador de UNICEF Orlando Bloom concluíu unha visita de catro días a Liberia onde eloxiou os esforzos das comunidades afectadas polo ébola na loita contra o virus mortal.
"Todas as persoas que coñecín tomaron a determinación de combater
o ébola para
poder continuar as súas vidas con normalidade",
dixo Bloom despois
de reunirse cos líderes relixiosos e da xuventude na capital,
Monrovia. "As comunidades foron o epicentro da loita contra
o ébola e
deben seguir recibindo apoio polo seu papel crucial na
loita por chegar a 'cero casos'.
Os educadores comunitarios xogaron un papel importante na resposta
fronte ao ébola,
incluíndo as nenas e nenos adolescentes no
proxecto A-Life en West
Point,
un barrio pobre e densamente poboado de Monrovia. Na reunión
con Bloom,
os representantes do grupo explicaron como os seus voluntarios
chegaran a máis de 25.000 persoas para crear conciencia sobre como
os membros das súas propias comunidades podían evitar enfermar e
deter a propagación do virus.
Nunha escola primaria nunha comunidade moi afectada na fronteira
con Serra Leoa, Bloom puido
coñecer os protocolos de seguridade escolar
sobre ébola que
se introduciu cando as escolas volveron abrir tras permanecer
pechada sete meses. Estes protocolos, introducidos co apoio
de UNICEF para
reducir o risco de transmisión, inclúen a toma de temperaturas dos
nenos cando chegan á escola e facer que se laven as mans antes de
entrar na aula.
"A causa deste brote, a educación dun millón de nenos en Liberia
foi interrompida a metade de curso", dixo Bloom.
"Están moi contentos de estar de volta nas aulas, pero as
precaucións que todos e cada un deles debe tomar cada día son un
recordatorio da necesidade de non baixar a garda".
Ao longo da rexión, o virus do ébola infectou
máis de 24.000 persoas - incluíndo máis de 5.000 nenos - e matou
preto de 10.000.
Os casos de ébola foron
diminuíndo na rexión, pero a batalla está lonxe de rematar. Mentres
que a loita continúa, han de priorizarse os esforzos para
reconstruír os sistemas de saúde, educación e protección
social.
Bloom,
coñecido polos seus papeis en películas de éxito como
O Señor
dos Aneis e Piratas do Caribe, converteuse en Embaixador de Boa
Vontade de UNICEF en
outubro de 2009. O ano pasado viaxou a Xordania para
coñecer
nenos e familias afectados pola crise siria.
Para descargar fotos e outros materiais audiovisuais: http://uni.cf/1xd58Vi
Acerca de UNICEF
UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas as partes.