Orlando Bloom, Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, pide maior protección para os nenos refuxiados e migrantes en Europa

O Embaixador de Boa Vontade de UNICEF, Orlando Bloom, pediu unha maior protección para as decenas de miles de nenos refuxiados e migrantes a medida que continúan as súas viaxes en busca de seguridade en Europa.

Bloom coñeceu hoxe a varios nenos durante unha visita a un centro de acollida de refuxiados e migrantes preto de Gevgelija na antiga República Iugoslava de Macedonia, na fronteira con Grecia. Alí escoitou historias sobre as súas perigosas viaxes, e as súas preocupacións e esperanzas para o futuro. Moitos deles escaparon da violencia en Siria, Afganistán e Iraq.
 
"Estes nenos viaxaron a través dunha das rutas máis mortais do mundo para os migrantes e refuxiados. Falei con nenos que resistiron viaxes terroríficos, a miúdo en condicións climáticas extremas e moitos deles camiñando cos únicos zapatos e roupa que teñen. Están a ser levados dunha autoridade a outra, cruzando numerosas fronteiras, enfrontando riscos incertos. Se chegan de forma segura ao seu destino final, aínda temen un futuro incerto. Temos que protexerlles e apoiarlles", concluíu Bloom.
 
Tarek, 17 anos, de Siria foi un dos moitos nenos e mozos con quen Orlando Bloom conversou. Faloulle sobre o terror que viviu durante a viaxe en barco desde Turquía a Grecia e da dor de deixar a toda a súa familia en Damasco. Do mesmo xeito que moitos menores non acompañados en movemento por Europa, está a viaxar con outra familia siria á que coñeceu tras salvar a Yaraman, de 10 anos e filla da familia, de afogarse durante a perigosa travesía. Na súa conversación Tarek eloxiou a humanidade do persoal de apoio no espazo amigo da infancia e expresou a Bloom, a súa profunda angustia e desesperación por non saber o que lle deparará o futuro.
 
"Europa enfróntase a unha das súas maiores crises nos últimos tempos. Estas persoas están a fuxir de zonas nas que hai conflitos que quedaron sen resolver. Tanto naqueles países polos que están a viaxar os nenos, como nos seus países de orixe e destino, debemos proverlles daquilo necesario para o seu xogo, saúde e protección. Debemos situar o interese superior do neno no centro das nosas accións e garantir que as familias se manteñan xuntas durante toda a viaxe. Non podemos fallar a estes nenos", dixo Rajae Msefer Berrada, representante adxunto de UNICEF na antiga República Iugoslava de Macedonia.
 
A situación de caos vivida os días pasados na fronteira, mellorou considerablemente. Con todo, un gran número de persoas, incluíndo nenos e mulleres, non se está rexistrando na fronteira. Isto supón unha preocupación pois quen necesitan axuda, poden non ter acceso aos servizos que requiren. No centro de acollida preto de Gevgelija, os nenos teñen agora acceso a un lugar seguro para descansar, xogar, recibir comida e auga, roupa de abrigo, así como saneamento e hixiene e a protección que necesitan mediante servizos apoiados por UNICEF.
 
Preto de 100.000 persoas - un terzo deles mulleres e nenos - rexistráronse na fronteira en Gevgelija desde xuño deste ano. A medida que a crise segue crecendo, UNICEF estima que até 320.000 mulleres e nenos que foxen a Europa poderían necesitar asistencia no próximos seis meses.

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 913789555, [email protected]