A OMS e UNICEF inician unha campaña masiva de vacinación para máis de 20 millóns de nenos en Sirya e seis países veciños

Unha semana despois de que se declarase unha emerxencia de poliomielite en Oriente Medio, púxose en marcha en Sirya e países veciños unha campaña masiva de vacinación contra esta e outras enfermidades prevenibles

A maior resposta consolidada en materia de inmunización nunca antes realizada en Oriente Medio está xa en marcha para deter un brote de poliomielite, e o seu obxectivo é vacinar en varias fases máis de 20 millóns de nenos en sete países e territorios.

As campañas de inmunización de emerxencia en Sirya e arredores para previr a transmisión da poliomielite e outras enfermidades prevenibles permitiron vacinar máis de 650.000 nenos en Sirya, entre eles a 116.000 na provincia nororiental de Deir-ez-Zor, unha zona moi disputada onde se confirmou o brote de polio hai unha semana.


Aínda que nesta rexión non se producira ningún caso de poliomielite durante case unha década, nos últimos 12 meses detectouse o poliovirus en mostras de augas residuais de Exipto, o Estado de Palestina e Israel. A epidemia de poliomielite paralizante entre os nenos en Sirya impulsou a resposta masiva actual. O primeiro brote de poliomielite no país dende 1999 paralizou ata agora 10 nenos, e ameaza con paralizar centos de miles de nenos en toda a rexión. Os datos preliminares indican que o virus da polio procede de Paquistán e é similar á cepa detectada en Exipto, o Estado de Palestina e Israel.


O Dr. Ala Alwan, Director Rexional da Organización Mundial da Saúde para o Mediterráneo Oriental sinalou que "EOriente Medio mostrou exactamente a dirección coordinada necesaria para combater un virus mortal: un asalto consolidado e sostido contra unha enfermidade prevenible mediante vacinación e un extraordinario compromiso cun obxectivo común. "

 

No que vai de 2013 UNICEFadquiriu un total de 1,35 millóns de dose da vacina antipoliomielítica oral e cara a finais de ano terá adquirido ata 1,7 millóns de dose para satisfacer a crecente demanda. As reservas da vacina antipoliomielítica oral xa encóntranse ao límite, e os fabricantes de vacinas están a producir a pleno rendemento. O novo brote en Sirya está a agregar máis presión sobre as reservas, pero a OMS, UNICEF e os fabricantes están a tratar de garantir que haxa un número de vacinas suficiente para chegar a todos os nenos.


"O brote de poliomielite en Sirya non é só unha traxedia para os nenos; é un sinal de alarma urxente, e unha oportunidade crucial para chegar a todos os nenos que non fosen vacinados, onde queira que estean", dixo Peter Crowley, Xefe de poliomielite deUNICEF. "Isto debería servir de recordatorio aos países e comunidades de que un brote de polio en calquera lugar é unha ameaza para os nenos en todas as partes".


Esta resposta sen precedentes contra o avance do virus da poliomielite na rexión inclúe plans para levar a cabo un esforzo sostido de vacinación intensa durante seis meses. Igual de importante é reforzar a vixilancia da enfermidade ata a erradicación mundial da poliomielite, para encontrar os casos que puidesen pasarse por alto nun ámbito que ata hai pouco tempo estaba libre da poliomielite.

As actividades múltiples de inmunización a grande escala teñen por obxecto protexer tantos nenos como sexa posible. Dentro de Sirya, a campaña diríxese a 1,6 millóns de nenos con vacinas contra a polio, o sarampelo, as papeiras e a rubéola. En Xordania, máis de 18.800 nenos menores de cinco anos foron vacinados contra a poliomielite nunha campaña realizada nos últimos días e dirixida a todos os nenos que viven no campamento Za'atari, e hai unha campaña actualmente en marcha en todo o país para chegar a 3,5 millóns de persoas que padecen a polio, o sarampelo e a rubéola. En Iraq iniciouse unha campaña de vacinación no oeste do país, e hai outra campaña prevista na rexión do Kurdistán para os próximos días. A campaña nacional en Líbano comeza a finais desta semana, e a mediados de novembro en Turquía e Exipto.


As taxas de inmunización de Sirya derrubáronse dende que comezase o conflito, e pasaron de máis dun 90% antes do conflito a un 68% actualmente.

 
 
###
 
Nota para os editores:
 

Os sete países e territorios onde se leva a cabo a resposta de emerxencia consolidada ao brote de poliomielite son: Exipto, Estado de Palestina, Iraq, Xordania, Líbano, Sirya e Turquía.


O virus da polio normalmente infecta os nenos que viven en condicións insalubres por transmisión fecal-oral relacionada co contacto de persoa a persoa e o consumo de alimentos e bebidas contaminados con feces. O virus ataca aos nervios e pode causar a morte das súas vítimas ou paralizalas; propágase amplamente e pasa desapercibido antes de comezar a incapacitar os nenos. Por cada caso de poliomielite, 200 nenos poden ser infectados. Non hai cura para esta enfermidade, que unicamente se pode previr mediante a vacinación.


Dende 1988, a vacinación reduciu a poliomielite en máis dun 99% a nivel mundial, e os plans son erradicar completamente a enfermidade.

Más información:

Dailo Allí
Xefe de Prensa de UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55
E-mail: [email protected]