O traballo de UNICEF en 2012: millóns de nenos cunha oportunidade de vivir e desenvolverse

A pesar das dificultades financeiras que inquietan a gran parte do planeta e a complexidade das emerxencias que afectan aos nenos en preto de 80 países, o ano pasado conseguíronse importantes logros a favor de millóns de nenos, segundo o Informe Anual de UNICEF 2012.

"A medida que se achega a data límite de consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, temos motivos para celebrar a diminución das taxas de pobreza, a erradicación case total da poliomielite, o aumento da vacinación, que máis nenas vaian á escola, que haxa un mellor acceso a auga potable e nutrición, e que máis nenos sobrevivan e prosperen máis alá do seu quinto aniversario, como nunca antes", dixo o Director Executivo deUNICEF, Anthony Lake. "Pero estes resultados non son unha escusa para parar. " As emerxencias dominaron os titulares en 2012. O informe sinala que a organización e os seus aliados responderon a 286 situacións humanitarias en 79 países. O traballo humanitario de UNICEF inclúe:

. Programas de alimentación terapéutica para máis de 2,1 millóns de nenos menores de cinco anos con desnutrición aguda grave. . Vacinación contra o sarampelo para case 44 millóns de nenos de ata 15 anos. . Acceso a auga potable para 18,8 millóns de persoas. . Máis de 3,5 millóns de nenos poden acceder á educación.

En abril de 2012, UNICEFlanzou unha campaña mundial a través de redes sociais denominada #SahelNOW, que contribuíu a concienciar e a dar a coñecer a crise alimentaria que sufría a rexión. O horrible conflito en Sirya esixiu un esforzo especial o ano pasado, e aínda hoxe. UNICEF traballou para facilitar o acceso a educación a preto de 80.000 nenos afectados polo conflito, a vacinación contra o sarampelo de máis de 1,4 millóns de nenos e contribuíu a proporcionar atención psicosocial a uns 47.000 nenos. UNICEFtamén subministrou auga potable nos campamentos de refuxiados e comunidades de acollida para máis de 100.000 persoas, e distribuíu materiais de inverno a máis de 260.000 persoas en Sirya. Tarefas que continúa realizando actualmente UNICEF. Máis alá destas crises, UNICEFcontinuou o seu traballo para colocar os nenos no alto da axenda global. En xuño de 2012, UNICEF uniuse aos Gobernos de Etiopía, India e Estados Unidos para poñer en marchaUn compromiso coa supervivencia infantil: Unha promesa renovada, un movemento global para rematar coas mortes prevenibles de nenos. A finais de 2012, representantes de 168 gobernos e máis de 400 organizacións civís e relixiosas comprometéronse a redobrar os esforzos para salvar os nenos de mortes evitables. Co apoio de UNICEF e os seus aliados, os gobernos lanzaron unha iniciativa para afinar os plans nacionais de saúde e establecer metas medibles.

Resultou fundamental para o traballo de UNICEF en 2012 aproveitar a innovación para chegar aos máis vulnerables. Por exemplo, en moitos países, a falta de rexistro de nacemento de nenos fai que os nenos non poidan asistir á escola e sexan vulnerables á trata e outros perigos. En Nixeria e Uganda, UNICEF ideou un sistema de rexistro de nacementos mediante SMS. Ademais, en Zambia, co fin de diagnosticar e tratar rapidamente os bebés infectados por VIH, UNICEF apoiou o programa RapidSMS. Dende a experiencia piloto, que tivo lugar de 2010 a 2012, o programa transmitiu máis de 10.000 resultados da proba dende os laboratorios situados nas dúas principais cidades, a máis de 260 centros de saúde -na súa maioría rurais-, reducindo o tempo de resposta de 44 días a 26. Dentro do sistema da ONU, a organización liderou varias iniciativas innovadoras. Por exemplo, en marzo de 2012 creouse a Comisión da ONU sobre os produtos básicos que salvan as vidas de mulleres e nenos, impulsado por UNICEF e UNFPA para apoiar o movemento Cada Muller,Cada Neno do Secretario Xeral das Nacións Unidas. A Comisión ten o obxectivo de mellorar o acceso a intervencións sanitarias de baixo custo e alto impacto para os nenos menores de cinco anos e mulleres en idade fértil. Dos 13 produtos identificados como prioritarios pola Comisión, 10 deles son subministrados principalmente por UNICEF. A organización é o principal comprador de subministracións para os nenos e o maior provedor de vacinas en países en desenvolvemento. En 2012, as estratexias de compras e os mecanismos innovadores de financiamento de UNICEF, permitiron un aforro de máis de 197 millóns de dólares. E a pesar do complexo contexto de financiamento e as dificultades financeiras que azoutan gran parte do mundo, as contribucións aUNICEF aumentaron un oito por cento respecto ao ano anterior, o que pon de manifesto a confianza dos doadores na capacidade de UNICEF para aproveitar a súa experiencia, coñecemento técnico, alianzas e alcance global para salvar e mellorar as vidas dos nenos.

En 2012, UNICEF uniuse á Iniciativa Internacional para a Transparencia da Axuda, co fin de proporcionar unha información máis completa sobre as súas actividades, financiamento e gastos. No seu compromiso por aumentar a transparencia e a rendición de contas, UNICEF difundiu publicamente, a través de internet, os informes de auditoría interna, as avaliacións e os informes anuais das súas oficinas de países.

Informe anual de UNICEF 2012:

http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/publicaciones/informe-anual-de-unicef-2012

Más información:

Dailo Alli, Xefe de prensa de UNICEF España – 609 160 051 / 91 378 85 91  [email protected]