O terremoto en Ecuador deixa a 120.000 nenos fóra da escola

Máis de 280 escolas resultaron gravemente afectadas polo terremoto que golpeou Ecuador o pasado 16 de abril, deixando preto de 120.000 nenos temporalmente fóra da escola.

NOVA YORK/CIDADE DE PANAMA/QUITO, 26 de abril 2016

"A educación é unha táboa de salvación para os nenos que se enfronta ao trauma tras a destrución", declarou Grant Leaity, representante de UNICEF en Ecuador. "Axúdalles a ter unha rutina diaria, dálles un propósito e axúdalles no proceso de recuperación psicolóxica".
 
UNICEF apoia os esforzos do goberno nacional para lograr que os nenos retomen a súa vida escolar, sobre todo nas zonas máis afectadas de Muisne, Pedernales, Jama, e algunhas partes de Portoviejo, Manta e Chone, ao noroeste de Ecuador. Ademais, instalará 50 espazos temporais de aprendizaxe para 20.000 nenos e distribuirá 700 kits educativos que conteñen material escolar para 60.000 nenos.
 
Mentres que as axencias de axuda do goberno seguen avaliando a magnitude dos danos, as estimacións iniciais indican que preto de 2.000 edificios foron danados ou destruídos e unhas 30.000 persoas permanecen en albergues temporais. O temor ás réplicas impulsou ás persoas para durmir á intemperie e como consecuencia están expostas ás fortes choivas que son comúns durante esta época do ano.
 
UNICEF e os seus aliados humanitarios necesitan 23 millóns de dólares para responder as necesidades inmediatas dos nenos en materia de auga e saneamento, educación, protección, saúde e nutrición durante o próximos tres meses.

Acerca de UNICEF

UNICEF promove os dereitos e o benestar de todos os nenos e nenas en todo o que facemos. Xunto aos nosos aliados, traballamos en 190 países e territorios para transformar este compromiso en accións prácticas, centrando especialmente os nosos esforzos en chegar aos nenos máis vulnerables e excluídos para o beneficio de todos os nenos, en todas partes.  

Más información:

Para máis información e entrevistas cos nosos compañeiros en terreo:

Belén de Vicente

UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55

E-mail: [email protected]

www.unicef.es

Síguenos en Facebook  Twitter YouTube Instagram

Visita a nosa televisión dixital tv.unicef.es