O 'Programa Electoral dos Nenos' adiántase ás eleccións

Máis de 100 propostas que farán chegar aos partidos políticos para que sexan incorporadas ao debate electoral

Os nenos e adolescentes dos consellos locais de participación de 50 municipios españois prepararon o seu propio programa electoral para dar a coñecer as súas máis de cen propostas á sociedade e, en particular, aos partidos políticos co obxectivo de que sexan incorporadas ao debate electoral que xa se está a desenvolver de cara aos próximos comicios autonómicos e municipais.

O documento é froito dun proceso continuado de participación infantil onde nenas, nenos e adolescentes de 8 a 17 anos de toda España, tanto de grandes cidades como de pequenos pobos, fixeron valer as súas opinións. Tras reflexionar, propoñer e debater pactaron propostas concretas en torno a aqueles temas que máis lles afectan: a crise, o sistema educativo, o ocio e tempo libre, a integración e a minusvalidez, a violencia entre iguais e a participación, entre outros.

Estas ideas, que deron lugar ao Programa Electoral dos Nenos, foron consensuadas polos nenos despois de varios meses de traballo no marco do programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF Comité Español.

Baixo o lema A voz de l@s niñ@s e a frase de Nelson Mandela: " Imposible? Todo parece imposible, ata que se fai" os representantes infantís mobilizaranse para que as súas p
ropostas sexan tidas en conta facendo a súa propia pegada de carteis electorais nos seus municipios e cidades durante esta semana.

Ademais, os consellos locais de Andalucía e Asturias elaboraron un vídeo informativo no que recollen de forma resumida as principais propostas que formulan aos representantes políticos.

Para descargar o Programa Electoral dos Nenos:

http://ciudadesamigas.org/wp-content/uploads/2015/04/propuestas_vota_por_mi.pdf

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, Tel: 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]