O Príncipe de Gales e a Duquesa de Cornwall coñecen o traballo de UNICEF a favor dos nenos sirios nun campamento

Dous anos despois do comezo da crise de Sirya, o Príncipe de Gales e a Duquesa de Cornwall visitaron un campo de refuxiados en Xordania para coñecer as familias que fuxiron dos enfrontamentos.

O campo de refuxiados Parque Rei Abdullah, a só 15 km da fronteira con Sirya, acolle 921 persoas, dos que 529 son nenos. Actualmente reciben apoio de UNICEF, ACNUR e o Programa Mundial de Alimentos. Durante a visita, As súas Altezas Reaisestiveron coas familias que se encontran no campamento, escoitando de primeira man o horror que sufriron e os desafíos extremos que moitos padecen neste novo intento por sobrevivir e coidar dos seus fillos. A parella real percorreu o campamento da man de UNICEF e ACNUR, que apoian o goberno de Xordania na asistencia ás familias. As súas Altezas Reais visitaron un espazo amigo da infancia e reuníronse con nenos que fuxiron de Sirya coas súas familias. A Duquesa de Cornwall presentouse aos nenos que estaban no centro, e estes contáronlle que estaban a facer debuxos de cousas que botaban de menos das súas casas, como os xardíns. Informóuselle a súa Alteza Real de que este tipo de actividades axudan aos nenos a superar os graves traumas que moitos experimentaron antes de fuxir do seu país para escapar do conflito. En esencia, eles aprenden a relacionarse e a ser nenos outra vez. A Representante de UNICEF en Xordania,Dominique Hyde, explicou á comitiva que 250 nenos do campamento son levados cada día a unha escola estatal xordana situada nun pobo próximo. Os nenos dixéronlle aSúa Alteza Realque os fai felices poder ir á escola. Posteriormente Dominique describiuAs súas Altezas Reais comoUNICEF axuda a diario aos nenos que se encontran nos campamentos. Neste sentido asegurou que "despois de toda a violencia que viron e todo o estrés que sufriron,UNICEF está proporcionando aos nenos de Sirya apoio vital, como auga potable, vacinas esenciais e nutrición, ademais de educación, roupa e protección. "

"Só neste campamento estamos a apoiar máis de 250 nenos para que poidan volver á escola e retomar a súa infancia. En Xordania, 40.000 nenos teñen acceso á educación grazas ao apoio que estamos a prestar. Damos unha gran benvida As súas Altezas Reais e dámoslles as grazas a ambos os dous por poñer o foco no noso traballo, realizado en colaboración co Goberno de Xordania e os nosos aliados. Esperamos tamén que a atención mundial siga centrada na crise e que poidamos recibir o apoio que necesitamos desesperadamente para continuar noso traballo vital e salvar vidas. " Ata a data, só se conseguiu o 20% dos fondos solicitados para apoiar o traballo de UNICEF a favor dos nenos afectados pola crise de Sirya. Está falta de fondos ameaza con deixar moitos nenos sirios sen apoio vital. A non ser que se cubra o 80% dos fondos que aínda faltan por achegar,UNICEF verase obrigado a reducir os seus traballos que salvan vidas, incluíndo a subministración de auga.

Más información:

Dailo Allí, Xefe de Prensa de UNICEF España, 609 160 051 - [email protected]