O novo acordo da UE e Turquía podería poñer en risco a miles de nenos

UNICEF expresou hoxe a súa profunda preocupación sobre o novo acordo entre a Unión Europea e Turquía, que entrará en vigor esta semana, xa que non ten en conta as necesidades apremiantes de 19.000 nenos migrantes e refuxiados atrapados en Grecia. 

Os nenos constitúen o 40% da poboación migrante e refuxiada en Grecia. Calcúlase que o 10% desta poboación infantil son menores non acompañados.
 
UNICEF advirte que o novo acordo podería empuxar a familias e nenos a tomar outras rutas máis perigosas aínda, incluíndo a parte o mar Mediterráneo.
 
UNICEF acolle positivamente o compromiso dos líderes da Unión Europea para determinar de maneira individual o estado legal dos refuxiados e migrantes en lugar dos expulsións colectivas, prácticas de rexeitamento ou outras medidas que poidan ser daniñas para os nenos
 
A axencia para a infancia, en calquera caso, insta a que se aborden un número de prioridades:
 
·     Que os nenos non acompañados e separados das súas familias sexan debidamente identificados e levados a centros de protección en lugar de detención. Os menores non acompañados teñen dereito a que se lles escoite e a que se faga unha avaliación plena sobre o seu interese superior antes de que se tome calquera decisión relacionada con eles incluíndo o retorno. A capacidade das institucións do estado en Grecia necesita ser reforzada de forma significativa para que poidan atender este volume de traballo.
 
·         Que os servizos amigables para familias e nenos tales como espazos amigos da infancia, e áreas seguras para nais e fillos sexan ampliados nos "Puntos Azuis".
 
·         Os nenos que estean atrapados durante longos períodos en Grecia necesitarán máis servizos básicos tales como educación en emerxencias. Moitos nenos estiveron fóra da escola durante varios meses e poderían beneficiarse aínda de programas curtos de aprendizaxe.
 
·         Para previr brotes de enfermidades entre os nenos, ten que considerarse urxentemente a vacinación de nenos migrantes e refuxiados, especialmente porque moitos deles estiveron vivindo en condicións insalubres durante semanas. Unha acción inicial incluiría vacinar contra o sarampión, a polio e infeccións por neumococo. 

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]