O Foro Mundial sobre a Educación aproba a Declaración sobre o Futuro da Educación

NOTA DE PRENSA CONXUNTA

O Foro Mundial sobre a Educación, que concluíu hoxeen Incheon (República de Corea), aprobou unha visión transformadora da educación para os próximos quince anos. A Declaración de Incheon foi ben recibida pola comunidade educativa mundial, incluíndo os ministros de máis de 100 países, organizacións no e grupos xuvenís. Anima os países a proporcionar unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, e oportunidades de aprendizaxe para toda a vida para todos. A declaración será a base dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible que serán ratificados por Nacións Unidas en setembro.

"Esta declaración é un gran paso cara a diante", declarou Irina Bokova, directora xeral da UNESCO. "Reflicte a determinación de garantir que todos os nenos e mozos adquiran o coñecemento e as habilidades que necesitan para vivir con dignidade, alcanzar o seu potencial e contribuír ás súas sociedades como cidadáns globais responsables. Anima os gobernos a proporcionar oportunidades de aprendizaxe a través da vida, para que a xente poida seguir crecendo e desenvolvéndose. Afirma que a educación é a clave para a paz global e o desenvolvemento sostible".

A Declaración de Incheon baséase no movemento mundial Educación para Todos (EFA, polas súas siglas en inglés), iniciado en Jomtien (Thailandia) en 1990 e repetido en Dakar (Senegal) en 2000. A EFA -e o Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio de educación- deron lugar a un progreso significativo, pero moitos dos seus obxectivos, incluíndo o acceso universal á educación primaria, seguen sen cumprirse. Actualmente 58 millóns de nenos seguen sen ir á escola, a maioría deles nenas. Ademais 250 millóns de nenos non están a aprender habilidades básicas, aínda que a metade deles foi polo menos catro anos no colexio. A Declaración de Incheon debe rematar os ambiciosos programas da EFA e os Ob
xectivos do Milenio.

"Se esta xeración de nenos vai reducir algún día as desigualdades e inxustizas que aflixen hoxe ao mundo, debemos dar aos nosos nenos unha oportunidade xusta para aprender. Esta debe ser a nosa visión colectiva e o noso compromiso", dixo o director executivo de UNICEFAnthony Lake.

A Declaración de Incheon poñerase en marcha mediante o Marco de Acción para a Educación 2030, unha folla de ruta que os gobernos teñen que adoptar antes de final de ano. Proporcionará orientación sobre os marcos legais e estratexias políticas para a educación, baseándose nos principios de responsabilidade, transparencia e goberno participativo. A implementación efectiva requirirá unha coordinación rexional forte e unha avaliación e seguimento rigorosos da axenda da educación. Tamén requirirá máis financiamento, especialmente nos países máis afastados da educación inclusiva e de calidade. A declaración e o marco de acción instarán os países a establecer obxectivos de gasto apropiados e aumentar a Axuda Oficial ao Desenvolvemento para os países de baixos ingresos.

Na cerimonia de clausura interviñeron Susan Hopgood, presidenta da Internacional da Educación, Kishore Singh, relator especial sobre o dereito á educación, Mohamed Samer Amr, presidente do Consello Executivo da UNESCOGeorg Kell, director executivo do Pacto Mundial de Nacións Unidas, António Gutierres, alto comisionado da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados (a través dun vídeo), Geeta Rao Gupta, directora executiva adxunta de UNICEFKeith Hansen, vicepresidente de Prácticas Mundiais do Grupo do Banco Mundial, Michaëlle Jean, secretaria xeral de La FrancophonieHwang Woo Yeo, vice Primeiro Ministro da República de Corea, e Irina Bokova, directora xeneral da UNESCO.

"Todos estamos de acordo en que cada estudante ten dereito a unha educación de calidade, gratuíta e pública", dixo Susan Hopgood, presidenta da Internacional da Educación -organización que representa máis de 30 millóns de profesores e traballadores
da educación en todo o mundo. "Non obstante, para cumprir calquera obxectivo educativo débese garantir en todas as aulas que os estudantes contan cun profesorado cualificado, motivado e apoiado. Para poñer en marcha o Marco de Acción para a Educación 2030 e mellorar a calidade da educación, é fundamental que os nosos sistemas educativos se transformen en sistemas que fomenten unha cultura aberta e de colaboración".

A educación é esencial para lograr os novos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. É necesario erradicar a pobreza, impulsar a prosperidade compartida e o crecemento económico amplo, e construír sociedades tolerantes e pacíficas. A Declaración de hoxe demostra o compromiso común de ofrecer esta visión. Mostra como a educación pode transformar vidas.

Declaracións dos co-organizadores

Axencia da ONU para os Refuxiados (UNHCR)

"Temos a responsabilidade colectiva de garantir que os plans educativos teñan en conta as necesidades dalgúns dos nenos e mozos máis vulnerables do mundo -refuxiados, desprazados internos, nenos sen patria e nenos cuxo dereito á educación se viu comprometido pola guerra e a inseguridade. Estes nenos son a clave para un futuro seguro e sostible, e a súa educación impórtanos a todos". António Gutierres,alto comisionado da Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados.

Fondo de Poboación das Nacións Unidas (UNFPA)

"Xuntos, debemos promover e protexer o dereito á educación de calquera persoa, e garantir que a educación de calidade chegue a todos e inculque valores de paz, xustiza, dereitos humanos e igualdade de xénero. Estamos orgullosos de ter participado no Foro Mundial sobre a Educación e comprometémonos a sacar adiante o novo programa de acción sobre a educación para todos en 2030".Babatunde Osotimehin, director executivo do Fondo de Poboación das Nacións Unidas.

ONU Mulleres

 A Declaración de Incheon comprométenos a unha educación non discriminatoria que recoñece a importancia da igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres para un desenvolvemento sostible. É unha oportunidade fundamental para nós de traballar xuntos, en todos os sectores, cara ao cumprimento da promesa de Educación para Todos de sociedades pacíficas, xustas e equitativas. Un mundo no que as persoas sexan iguais só pode lograrse se a nosa educación tamén ensina isto de xeito universal". Phumzile Mlambo-Ngcuka, directora executiva de ONU Mulleres e secretaria xeral adxunta de Nacións Unidas.

Grupo do Banco Mundial

Estamos moi contentos de ter establecido aquí en Incheon unha meta ambiciosa para garantir que todos os nenos, en todas as partes, non só van á escola, senón que teñen unha educación de calidade e aprenden as habilidades que necesitan para levar vidas saudables e produtivas, e decatarse do seu potencial. Unha educación de calidade é un dereito fundamental esencial para rematar coa pobreza extrema e promover a prosperidade compartida. Para realizar ese dereito o Grupo do Banco Mundial -como principal provedor de axuda oficial ao desenvolvemento para educación- está a axudar aos países a mobilizar todos os seus recursos dispoñibles e ligar o financiamento a resultados medibles para promover a aprendizaxe para todos". Keith Hansen, vicepresidente de Prácticas Mundiais do Grupo do Banco Mundial.

Más información:

Elissa Jobson, UNICEF Nova York, +1 917 930 4521, [email protected]     

Belén de Vicente, UNICEF España 609 160 051/91 378 95 55 [email protected]