O fondo de innovación de UNICEF investirá en novas empresas de tecnoloxía de código aberto

UNICEF convida a novas empresas de tecnoloxía dedicadas a desenvolver solucións para mellorar as vidas dos nenos máis vulnerables do mundo a que soliciten financiamento do seu fondo de innovación, creado recentemente.

"O obxectivo do fondo de innovación de UNICEF é investir en tecnoloxías de código aberto en favor dos nenos", dixo Christopher Fabian, codirector da sección de innovación de UNICEF. ?Imos determinar cales son as oportunidades que se dan en distintos países do mundo, incluíndo algúns que non adoitan recibir unha gran cantidade de investimento de capital nas novas empresas de tecnoloxía.
 
"Esperamos identificar comunidades de persoas dedicadas a solucionar problemas e axudarlles a desenvolver solucións simples para algúns dos problemas máis apremiantes aos que fan fronte os nenos".
 
Para poder solicitar fondos, os proxectos deben ser de código aberto e dispor dun prototipo de traballo. Pode tratarse do desenvolvemento dunha tecnoloxía nova, ou da ampliación ou mellora dunha xa existente.
 
O Fondo de Innovación de UNICEF, que até a data recadou 9 millóns de dólares, ofrece aos innovadores dos países en desenvolvemento un mecanismo de financiamento combinado para axudarlles a iniciar a seguinte etapa dos seus produtos, unha vez que estes haxan xa superado as primeiras probas. O fondo centra os seus investimentos en tres esferas
 
           Produtos para mozos menores de 25 anos que aborden diversas necesidades, por exemplo a aprendizaxe e a participación.
 
·         Información en tempo real para a toma de decisións.
 
·         Infraestrutura para aumentar o acceso a servizos e información, incluíndo conectividad, poder, financiamento, sensores e transporte.
 
"Este tres esferas están listas para o investimento debido á rápida evolución de tecnoloxías tales como blockchain, impresión 3D, accesorios persoais e sensores, intelixencia artificial e enerxías renovables", dixo Fabian.
 
As solicitudes serán avaliadas segundo unha serie de criterios como a solidez do equipo, a pertinencia do proxecto con respecto aos nenos e a capacidade para ver o valor potencial futuro na creación da propiedade intelectual de código aberto.
 
A sección de innovación de UNICEF investiu previamente en solucións de tecnoloxía como RapidSMS, RapidPro e U-Report, que agora chega a millóns de usuarios.
 
O prazo para presentar as solicitudes termina o 26 de febreiro de 2016. Toda a información está dispoñible na web www.unicefinnovationfund.org

Más información:

Najwa Mekki, UNICEF Nova York, +1917 209 1804, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]