O FC Barcelona e UNICEF celebran o décimo aniversario da súa alianza polos nenos coa renovación por catro anos máis

O FC Barcelona e UNICEF renovaron hoxe o seu compromiso cos  nenos máis vulnerables, mediante a firma dun novo acordo por catro anos máis. A renovación coincide co décimo aniversario da alianza entre as dúas organizacións, que xa conseguiu axudar a mellorar as vidas de máis de 1 millón de nenos en sete países.

Segundo as condicións do novo acordo, o club de fútbol incrementará a súa contribución anual a UNICEF de 1,5 a 2 millóns de euros. Os fondos apoiarán programas para que nenos vulnerables de Brasil, China, Ghana e Sudáfrica poidan acceder á educación física, ao deporte e ao xogo.
 
"Con este novo acordo o FC Barcelona busca dar un paso máis nesta alianza. Os lazos entre UNICEF e o Barça son agora máis fortes que nunca. Estamos unidos na loita polos dereitos dos nenos e a promoción da educación a través do deporte. O Barça é o club dos nenos do mundo e UNICEF é o mellor aliado nesta viaxe", dixo Josep Maria Bartomeu, presidente do FC Barcelona.
 
Nos últimos 10 anos a alianza entre UNICEF e o FC Barcelona axudou a ampliar o acceso á educación, ao deporte e ao xogo de moitos nenos que doutra forma poderían quedar excluídos. A alianza tamén apoiou programas para aumentar a concienciación sobre o VIH/SIDA nas comunidades máis vulnerables de Angola, Malawi e Suazilandia.
 
"A alianza do FC Barcelona con UNICEF xa axudou a máis de 1 millón de nenos en todo o mundo e o noso novo acordo dará a mesmo máis nenos a oportunidade de aprender e crecer a través do deporte e o xogo", dixo o director executivo de UNICEF, Anthony Lake. "Todos en UNICEF estamos agradecidos polo compromiso do FC Barcelona coa causa dos nenos, e eu persoalmente estou encantado de que o noso querido Barça continúe sendo un defensor desta causa".
 
Hai estudos que demostran que o deporte e o xogo poden favorecer o san desenvolvemento físico e cognitivo dos nenos e que son ferramentas importantes para promover comportamentos e valores positivos. 

Más información:

Belén de Vicente, UNICEF España, +34 609 160 051, [email protected]

Laia Ruich, UNICEF Comité Cataluña, +34 647 54 99 74, [email protected]

Marc Parramon, FC Barcelona, +34 696 863 845, [email protected]

Chemi Terés, FC Barcelona, +34 619 50 84 47, [email protected]