O duro inverno e as restricións fronteirizas, novos desafíos para os nenos migrantes e refuxiados

As restricións fronteirizas e as duras condicións climáticas están a agravar as dificultades e os retos aos que se enfrontan as mulleres e os nenos migrantes e refuxiados, que supoñen máis da metade de todas as chegadas por mar.

Desde o comezo do 2015 ata novembro, máis de 876.000 persoas chegaron ás costas europeas a través do Mediterráneo. A proporción de mulleres e nenos seguiu aumentando desde o verán. En xuño, a porcentaxe de mulleres e nenos era dun 27% e en novembro aumentara ata un 52%*.
 
Para reducir os riscos e o sufrimento ao que se enfrontan mulleres e nenos, UNICEF está a desenvolver plans de continxencia e preparacións para o inverno para adaptarse a unha situación que cambia rapidamente.
 
"Ata agora, o inverno en Europa foi relativamente suave, pero iso está a cambiar. A nosa preocupación principal é que o frío e as restricións fronteirizas impredicibles deixen a miles de nenos e nenas nas pavías, e ante o risco de contraer a gripe e enfermidades respiratorias", explica Marie-Pierre Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de migrantes e refuxiados en Europa. "A roupa de abrigo, as bufandas, e os calcetíns para bebés non son suficientes. Estes nenos sobreviviron a guerras, adversidade e dificultades; agora necesitan estabilidade, protección e apoio".
 
UNICEF xa empezou a distribuír roupa de abrigo, calzado infantil, mantas e kits de hixiene. Tamén equipou os espazos amigos da infancia con material impermeable e calefacción nos países co maior número de nenos migrantes e refuxiados: Croacia, a antiga República Iugoslava de Macedonia, Serbia e, en breve, Eslovenia e Grecia.
 
Dentro das actividades para a preparación fronte ao inverno, UNICEF desenvolveu plans de continxencia para responder as necesidades que van tendo mulleres e nenos, e para adaptarse aos cambios nos patróns de rutas migratorias en Albania, Bosnia e Herzegovina, Bulgaria, Montenegro e Rumania, así como en Kósovo (resolución 1244 do Consello de Seguridade da ONU).
 
UNICEF está a traballar con ACNUR e Cruz Vermella para aumentar a rede existente de espazos amigos da infancia e de espazos para nais e bebés nos Centros de Apoio a Familias, para asistir e protexer aos nenos e coidadores con servizos como axuda legal e restablecemento do contacto entre familiares.
 
* Datos da policía grega/ACNUR 30 Novembro 2015

Más información:

Sarah Crowe, Xefa de Comunicación de Crise, +1 646 209 1590, +41 79 543 80 29, [email protected]

Christophe Boulierac, UNICEF Xenebra, +41 22 909 5716 / +41 799 639 244, [email protected]  

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]